Rajoy rexeita subir as pensións segundo o IPC e anuncia medidas fiscais para os pensionistas.

Rajoy rexeita subir as pensións segundo o IPC e anuncia medidas fiscais para os pensionistas.
A borrasca Gisele aproxímase xa a Galicia con intensas chuvias e vento. Meteogalicia prevé que os refachos máis fortes se produzan entre as 10:00 e as 13:00. Todo o país está en alerta laranxa ou amarela.
Falece aos 76 anos anos o astrofísico británico Stephen Hawking, figura clave na investigación científica no século XX e XXI en ámbitos como a pescuda dos buracos negros (Imaxe tirada do seu sitio web oficial).
Toda Galicia estará este mércores en alerta laranxa ou amarela polo temporal de vento e chuvia. A Consellería de Educación informa da suspensión das actividades ao aire libre nas áreas afectadas e novamente deixa nas mans da dirección de cada colexio ou instituto a posibilidade de "adoptar as decisións oportunas" se o risco dá en ser "superior ao declarado". A evolución do temporal pode ser observada nesta web.
PP e Ciudadanos impiden que o Congreso chegue a debater a lei para revalorizar as pensións na mesma porcentaxe que a suba dos prezos, proposta por Unidos Podemos. Ambos partidos non teñen maioría na Cámara pero si na Mesa, o seu órgano reitor, o que lles permite manter o bloqueo como xa fixeran, por exemplo, coa lei do traspaso da AP-9 a Galicia.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condena a España por castigar xudicialmente a queima de fotos do rei. Sentencia que se trata dunha acción que encaixa no dereito á liberdade de expresión. Está a contalo eldiario.es
O voceiro do PP no Congreso axita a prisión permanente revisable dende a capela ardente do neno asasinado en Almería e esixe que o resto de partidos do Congreso apoien esta figura punitiva, vixente dende hai tres anos. Recólleo eldiario.es nesta crónica.
ENQUISA | O PP seguiría a ser a forza máis votada nunhas eleccións xerais, pero apenas dous puntos por riba do PSOE e 3 por riba de Ciudadanos, que volve ascender en intención de voto. Unidos Podemos e as confluencias serían cuarta forza, segundo a enquisa de Celeste-Tel que publica eldiario.es
Os traballadores da Xustiza en Galicia manteñen a folga e non baixarán da esixencia de 190 euros ao mes máis para todos os corpos. Así o acordaron nas asembleas celebradas este luns nas cidades galegas para analizar a reunión coa Xunta do pasado venres. "Non daremos un paso atrás", aseguran.
Un terremoto con epicentro fronte á Costa da Morte acadou este mediodía os 3,6 graos na escala de Richter.