O Vaticano escribe ao Goberno de España confirmar que "non se opón" á exhumación de Franco no Valle de los Caídos e reitera o "deber cívico" dos responsables eclesiásticos de atender a orde gobernamental. Cóntao eldiario.es Na imaxe, a vicepresidenta Calvo co secretario de Estado do Vaticano.
Fálase
O alcalde da Coruña anuncia a municipalización das bibliotecas locais antes da fin deste mandato. A administración local asumirá a xestión da rede en mans de Eulen, tal e como prometera en 2016, "garantindo en todo momento o mantemento dos postos de traballo actuais".
VÍDEO | Calquera praia galega ten lixo orixinado en, cando menos, dez países diferentes. Por moi limpa que pareza a nosa praia, só hai que buscar un pouco para atopar centos de restos de plástico. Así o demostra este vídeo en Vinte en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses.
Centos de traballadores das ambulancias reclaman en Compostela "un convenio xusto" e manteñen o conflito que levou á folga esta semana, que se reiniciará o 4 de marzo e pasará a indefinida de non haber un acordo antes.
O arquitecto carballiñés Manuel Gallego Jorreto obtén o Premio Nacional de Arquitectura que concede o Ministerio de Fomento. Entre a súa abondosa obra figura o Mercado de Santa Lucía ou o Museo de Belas Artes na Coruña, a residencia oficial de Monte Pío en Santiago ou o Museo da Conserva na Illa de Arousa. En 2008 a Xunta outorgáralle un dos Premios Nacionais da Cultura daquel ano. (Imaxe: Real Academia Galega de Belas Artes)
Albert Rivera recupera a súa cruzada lingüística para a campaña e proclama que, se del depende, en "todos" os colexios o castelán será lingua vehicular "e ao que non lle guste, que se aguante". O líder de Ciudadanos basea esta advertencia nunha suposta distinción legal entre lingua "común" e linguas "cooficiais". Na última década este partido lanzou numerosas iniciativas contra o uso do galego en múltiples ámbitos, tamén no ensino.
Fracasan no Congreso as negociacións sobre o novo modelo de pensións con Unidos Podemos e o PP como principais forzas discordantes. Esta análise de eldiario.es explica o acontecido na comisión do Pacto de Toledo
Algoritmo millennial: a ameaza de facerse adulto en Pontevedra. O guionista Óscar Cruz achéganos a súa visión da mocidade na boa vila nesta peza de Vinte
Camila Bossa, David Amor, Xulio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias conducirán a gala dos Mestre Mateo, que dirixe Sonia Méndez. Os actores e atrices guiarán o público "por unha viaxe temporal polo audiovisual galego", avanza a Academia, que vén de divulgar a través da TVG o tráiler do evento. A gala celébrase o 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reclama ao presidente do Parlamento Europeo que impida un acto do partido de extrema dereita Vox no recinto parlamentario, onde Antonio Tajani vetou unha conferencia de Carles Puigdemont.