As traballadoras e traballadores do telemarketing están chamadas este xoves a unha nova folga en todo o Estado. En Galicia están convocadas tres manifestacións e concentracións: A Coruña (12 horas, Praza de Pontevedra), Vigo (11 horas, Praza de España) e Lugo (ante a empresa Abante)
Fálase
Trump prepara o decreto para empezar a construír o muro con México e retoma dous polémicos oleodutos cancelados por Obama.
Puigdemont pide axuda á UE para lograr un referendo. O president da Generalitat asegura na Eurocámara que o problema catalán "é un problema europeo e Europa non pode mirar cara a outro lado".
Os fogares con menos recursos perderon case un 50% da súa renda durante a crise, fronte ao 11,6% dos máis riscos. O Banco de España confirma que as rendas máis baixas foron as maís golpeadas.
VÍDEO | A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal. Nós TV publica a gravación íntegra do faladoiro organizado xunto á revista Luzes e no que participaron Alexandra Fernández, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.
O PP anuncia que tentará anular os orzamentos municipais de Pontevedra nos tribunais. Os populares alegarán ante o TSXG irregularidades na tramitación das contas aprobadas o pasado decembro. Cóntao Pontevedra Viva
ADIF comunica ao persoal que deixa de vender billetes na estación de Guillarei (Tui), que recada uns 10.000 euros mensuais, segundo informa o sindicato CGT. A central sindical advirte de que esta é a primeira das 7 estacións galegas nas que a empresa pública deixará de prestar o servizo.
Marea Atlántica dálle ao PSOE ata este mércores para que defina a súa posición sobre os orzamentos da Coruña. Xulio Ferreiro anuncia que, se os socialistas non toman unha decisión, convocará esta semana o pleno da cuestión de confianza, que podería celebrarse a que vén. "A cidade non pode estar agardado", di o rexedor.
A maior parte dos alumnos e alumnas do CEIP Ramón de la Sagra da Coruña seguen sen acudir ás clases, máis dunha semana despois do inicio dos traballos de retirada do amianto do edificio. As obras xa concluíron, pero nais e pais esixen coñecer os resultados das medicións realizadas, que habitualmente tardan 15 días. Os doutores Carmen Diego Roza e Carlos Piñeiro critican a actuación da Xunta neste caso
ÚLTIMA HORA | A Eurocamara pide á Comisión Europea a investigación independente sobre o accidente de Angrois que España non fixo. Toda a información, este mediodía en Praza.gal.