As temperaturas descenderán moito este mércores en Galicia, situándose por debaixo dos 30 graos en todo o litoral, e acadando máximas de 32 graos e Lugo e 35 en Ourense
Fálase
Dous incendios en Muíños e Oimbra queimaron xa máis de mil hectáreas e obrigaron a desaloxar máis de 50 persoas das súas casas. Tamén se iniciou na mesma zona do Xurés outro incendio, en Entrimo, que arrasou máis de 60 hectáreas
Este 6 de setembro é xa un dos días máis calorosos da historia de Galicia dende que hai rexistros. Explícano en 4gotas.com
O TC non admite o recurso de Otegi e impídelle ser candidato por EH Bildu ás eleccións vascas.
José Manuel Soria renuncia ao seu nomeamento no Banco Mundial tras días de intensa presión sobre Rajoy, que veu defendendo a designación.
O incendio do parque do Xurés supera xa as 150 hectáreas queimadas no municipio de Muíños e aproxímase a zonas habitadas, obrigando a decretar o Nivel 2 de alerta. Recólleo Europa Press (Imaxe da BRIF de Laza)
Centos de gandeiros maniféstanse en Lugo ante a crise do sector lácteo, cos prezos máis baixos da década. Máis información, hoxe en Praza Pública. Víde de @revistaafriga.
A asociación O Fervedoiro, de Cuntis, organiza unha homenaxe a Xohán Xesús González, no 80 aniversario do seu fusilamento. Será este domingo 11 de setembro, cunha ofrenda floral e un recital poético no cemiterio de Santa María de Cequeril (Cuntis)
O 8 de marzo, día da muller traballadora, será un dos festivos locais da Coruña en 2017, xunto co martes de Entroido. O Concello, que destaca que é unha forma de reivindicar a "necesidade de conformar unha sociedade máis xusta", debía escoller un día a maiores, xa que tanto o San Xoán coma o Rosario coinciden en sábado.
A Mancomunidade de Comunidades de Montes de Pontevedra alerta do alto risco de incendios forestais nas vindeiras semanas, por mor da calor, a sequía e o desmantelamento das brigadas de extinción.