José Manuel Soria renuncia ao seu nomeamento no Banco Mundial tras días de intensa presión sobre Rajoy, que veu defendendo a designación.
Fálase
O incendio do parque do Xurés supera xa as 150 hectáreas queimadas no municipio de Muíños e aproxímase a zonas habitadas, obrigando a decretar o Nivel 2 de alerta. Recólleo Europa Press (Imaxe da BRIF de Laza)
Centos de gandeiros maniféstanse en Lugo ante a crise do sector lácteo, cos prezos máis baixos da década. Máis información, hoxe en Praza Pública. Víde de @revistaafriga.
A asociación O Fervedoiro, de Cuntis, organiza unha homenaxe a Xohán Xesús González, no 80 aniversario do seu fusilamento. Será este domingo 11 de setembro, cunha ofrenda floral e un recital poético no cemiterio de Santa María de Cequeril (Cuntis)
O 8 de marzo, día da muller traballadora, será un dos festivos locais da Coruña en 2017, xunto co martes de Entroido. O Concello, que destaca que é unha forma de reivindicar a "necesidade de conformar unha sociedade máis xusta", debía escoller un día a maiores, xa que tanto o San Xoán coma o Rosario coinciden en sábado.
A Mancomunidade de Comunidades de Montes de Pontevedra alerta do alto risco de incendios forestais nas vindeiras semanas, por mor da calor, a sequía e o desmantelamento das brigadas de extinción.
Hoxe vivirase un dos días máis calorosos do ano en Galicia, con temperaturas que superarán os 40 graos en Ourense e Santiago, e que chegarán a 38 graos en Pontevedra e Lugo, 37 en Vigo e 36 en Ferrol.
Eurodiputados verdes, socialistas e do GUE crean un espazo común en Bruxelas para coordinar políticas. Algunhas das primeiras accións do Progressive Caucus están centradas na oposición ao CETA e ao TTIP
A CUP apoiará a cuestión de confianza de Puigdemont, mesmo sen a incorporación do referendo unilateral de independencia (RUI), evitando así a convocatoria de novas eleccións en Cataluña
O PP proclama que "en Galicia, o candidato de Ciudadanos chámase Alberto Núñez Feijóo". Afirmouno Miguel Tellado nunha rolda de prensa en Ferrol que recolle La Voz, na que considerou que votar por C's é guindar o voto "ao lixo" e favorecer os "radicais". Faino despois de que Albert Rivera se ofrecese a soster o goberno do PP se Feijóo non logra a maioría absoluta.