O Celta lidera a Liga tras a súa vitoria (1-2) no campo do Levante. O equipo vigués sufriu malia xogar cun home máis desde o minuto 4. O sábado, o Deportivo empatou na casa ante a Real Sociedad (0-0) e en Segunda, o Lugo arrincou un punto en Oviedo (2-2).
