O PP protesta pola presenza ás beiras dun río en Ames dunha serpe habitual na contorna. O grupo municipal popular pide responsabilidades ao goberno local pola aparición dun exemplar de Natrix maura, especie moi habitual en Galicia. Cóntao GCiencia.
Fálase
- PublicidadePublicidade
O Supremo establece que todo contacto corporal de tipo sexual non consentido supón un delito de abuso. Até o de agora, estas accións considerábanse unicamente coaccións.
- PublicidadePublicidade
O PP confirma que a súa candidata á alcaldía da Coruña será a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, como estaba previsto. A tamén presidenta local dos populares multiplicou os seus actos como conselleira na cidade nos últimos meses e prevese que tanto ela como o titular de Política Social sexan remudados proximamente dos seus postos no Goberno galego. (Imaxe: PP da Coruña).
- PublicidadePublicidade
As enquisas electorais no Brasil apuntan a que a presidencia será elixida nunha segunda volta entre o dereitista Bolsonaro e mais o candidato do PT, Fernando Haddad, que subtituíu a Lula da Silva tras a súa inhabilitación como candidato.
- PublicidadePublicidade
Pablo Casado defende o ultradereitista Viktor Orban, presidente de Hungría, polo seu apoio a España contra o procés soberanista catalán. A pasada semana o PP español abstívose na votación da Eurocámara para sancionar o goberno húngaro
- PublicidadePublicidade
O Goberno central eliminará o imposto á xeración de electricidade para baixar o recibo da luze anuncia a fin do chamado 'imposto ao sol'. A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, afirma ademais que se simplificarán os trámites para rebaixar a potencia contratada. Está a contalo eldiario.es
- PublicidadePublicidade
O PP reclama á Real Academia Galega e a Real Academia Española que “homoxeneicen criterios para o uso da toponimia oficial”. Os populares retrucan así a unha iniciativa presentada polo BNG no Parlamento pedindo á RAE que rectifique tras recomendar o uso do termo Sanjenjo.
- PublicidadePublicidade
"Para min, isto é o paraíso". The Guardian debulla nunha reportaxe os resultados da peonalización e o modelo urbano de Pontevedra, onde "a banda sonora habitual dunha cidade española foi remudada polo chiar dos paxaros e as conversas da veciñanza". A peza encádrase nun proxecto informativo no que o xornal británico analiza o futuro dos espazos urbanos por todo o mundo.
- PublicidadePublicidade
En marcha a comparecencia de José María Aznar na comisión do Congreso que investiga o financiamento irregular do PP. No inicio da sesión Aznar dixo descoñecer os líderes da trama Gürtel e advertiu de que non vai pedir "perdón por nada". Pódese seguir ao vivo nesta ligazón. O voceiro de ERC, Gabriel Rufián, acudiu á comisión cunha camisola que lembra o asasinato de José Couso.
- PublicidadePublicidade
Casado apela a que "as competencias en materia de educación estean centralizadas no Estado". Segundo o líder do PP, trataríase de "garantir que non haxa adoutrinamento".
- PublicidadePublicidade