Doc Searls e David Weinberger, dous autores do Manifesto Cluetrain, formulan 121 novas teses que critican e alertan sobre a evolución que seguiu internet nos últimos anos, dominada por grandes corporacións. Salientan que “internet é noso, de nós, por nós e para nós”
Fálase
Trinta alumnos e alumnas do IES de Ponteareas protestan ante a calidade do servizo de catering responsable do seu comedor; denuncian que o luns se serve comida distribuída o venres. Os centros públicos da comarca de Vigo fan fronte común ante a Xunta polo funcionamento dos comedores.
Café amb Llet analiza as implicacións do anuncio realizado por Syriza de que Grecia non ratificará o TTIP. Albano Dante sinala que "o feito de que un só país da UE se negue a ratificalo significaría a fin do tratado" e pregúntase pola capacidade de resistencia do país heleno.
Dez entidades impulsan o nacemento do Arquivo Histórico do Nacionalismo Galego. O novo arquivo recompila un amplo fondo con milleiros de documentos históricos que agora poden ser consultados nun portal web. As entidades que o impulsan son a Fundación Alexandre Bóveda, Fundación Bautista Álvarez, Fundación Castelao, Fundación Galiza Sempre, Fundación Losada Diéguez, Fundación Manuel María, Fundación Moncho Reboiras e Fundación Vicente Risco, xunto con Murguía Revista Galega de Historia e o Museo do Pobo Galego.
O #CIS sitúa o PP como primeira forza en estimación de voto para as xerais pero cun 27,3%, seguida de Podemos cun 23,9% e do PSOE, cun 22,2%. O BNG tería un 0,5%. En intención directa de voto Podemos está en primeira posición, cun 19,3% e o PP en segunda, cun 12,9%. Descarga do barómetro completo
Máis de 1400 mestres e alumnos de toda Galicia participan ata este venres na Coruña no VII Concurso Galego de Robótica, que organizan Igaciencia e a Fundación Barrié.
Neve e moito frío en Galicia nesta xornada, na que se alcanzaron xa temperaturas de -9º na Veiga ou -8º en Valdeorras. A vaga de frío continuará nos vindeiros tres días. Foto de @4gotas_com.
Renzi únese ao plan Tsipras contra a austeridade en Europa e defende levar a UE "ao crecemento" e "non só á austeridade".
O Superior dá seis meses ao Concello da Coruña para aprobar o proxecto de derruba do edificio Conde de Fenosa. O TSXG rexeita a petición de suspender a sentenza mentres non se pronuncie o Constitucional.
Os reitores galegos exixen que as taxas de máster se igualen ás de grao e aseguran que as carreiras en Galicia manterán a súa homoxeneidade tras a polémica reforma que coinciden en criticar.