O TSXG rexeita todas as causas de nulidade contra o PXOM de Lugo agás as referidas ao polémico edificio do Garañón, que o goberno local prevé derrubar. Adiántao El Progreso

O TSXG rexeita todas as causas de nulidade contra o PXOM de Lugo agás as referidas ao polémico edificio do Garañón, que o goberno local prevé derrubar. Adiántao El Progreso
Denuncian ante a Valedora do Pobo a contratación irregular de centos de persoas en Correos. A CGT calcula que arredor de 1.000 contratos formalizáronse sen proba selectiva ningunha e a Inspección de Traballo xa sancionara a empresa pública por 600 contratacións ilegais.
VÍDEOS | O afundimento do Prestige e imaxes do Camiño de Santiago e varias cidades galegas, entre os contidos ligados a Galicia no arquivo da RTP, que a televisión portuguesa vén de dixitalizar e liberar integramente na súa web.
A selección feminina de fútbol sala ultima a preparación do encontro ante Catalunya, este serán ás 20:30 no Pavillón Santa Isabel de Santiago. O combinado galego adestrou este martes no escenario do encontro (na imaxe, publicada pola FGF).
Nova unanimidade no Parlamento a prol do traspaso da AP-9. A anterior lei, tamén apoiada por todos os grupos en Galicia, foi vetada polo Goberno de España antes de ser tramitada no Congreso. A información do debate, esta mañá en Praza.
Les Républicains apoian por unanimidade a candidatura presidencial de Fillon, a pesar da súa imputación e de que nas sondaxes é terceiro, a gran distancia de Le Pen e Macron e con escasas opcións de pasar á segunda volta. As eleccións presidenciais francesas celebraranse o 23 de abril e o 7 de maio
Aprobado inicialmente o orzamento municipal da Coruña, despois de que PP e PSOE non acadasen un acordo para impulsar unha moción de censura, pechando o proceso iniciado hai un mes coa moción de confianza presentada por Xulio Ferreiro. Agora ábrese un prazo para que partidos e veciñanza presenten alegacións ao documento
ENCE anula de momento o seu proxecto de instalar unha planta de biomasa en Pontevedra, optando finalmente por Huelva.
A Confederación de Empresarios de Pontevedra racha coa CEG, un abandono ao que podería seguir o de Ourense. "Esta patronal non nos representa", sinalou o presidente da CEP, Jorge Cebreiros
El Diario dedícalle unha reportaxe aos efectos do glifosato en Arxentina, destacando que segundo estudos oficiais as poboaciones próximas aos campos de cultivo teñen unha taxa de tumores maior que a media