Dous alcaldes de Ourense serán xulgados por prevaricación a próxima semana. O popular Ventura Sierra, de Vilariño de Conso, por irregularidades na contratación de 29 persoas. O independente Francisco José Fernández, de Trives, por impedir un debate plenario.
Fálase
O pleno de Pontevedra debaterá o vindeiro luns a proposta do PP para "promocionar a aparición da Virxe" como "centro de actividade turística". Segundo os conservadores, as "aparicións marianas" poden servir para "potenciar o municipio". Na imaxe, un fragmento da moción difundido polo BNG.
Unidos Podemos e as súas confluencias rexistran a moción de censura contra Rajoy con Pablo Iglesias como candidato. O líder da formación debulla a proposta nesta entrevista en eldiario.es. A xestora do PSOE ve na moción "intrusismo" nas súas primarias "ao estilo Putin" e o PP considéraa "un numeriño".
Ramón Sarmiento, elixido novo secretario xeral de CCOO-Galicia. Promete renovar o traballo sindical e loitar pola unidade de acción con outros sindicatos.
O alcalde de Sanxenxo confirma que entrega o bastón de mando a Telmo Martín (PP). O ata agora rexedor, Gonzalo Pita -dun partido escindido do PP-, confirma que racha con PSdeG e BNG e será tenente de alcalde co conservador, que regresa ao posto que ostentou ata 2006. Vén de avanzalo o Canal Rías Baixas. Máis información, hoxe en Praza.gal
O narco Laureano Oubiña gábase de que gañou "moitos cartos" e resalta que contribuíu "á causa de Alianza Popular" como contrabandista de tabaco. El País recolle as súas declaracións tras saír da cadea
O ex-presidente Gerardo Fernández Albor renuncia ao seu posto no Consello Consultivo por razóns "estritamente persoais". Albor fará 100 anos o vindeiro setembro e era membro nato da institución dende a súa reforma de 2007. Nos últimos anos reduciu notablemente a súa actividade pública por razóns de saúde.
O alcalde independente de Sanxenxo racha con PSdeG e BNG e negocia entregar o goberno ao popular Telmo Martín. Cóntao Faro de Vigo
Rajoy pide declarar no xuízo da Gürtel a finais de xullo por videoconferencia
O PP desviou cartos públicos para pagar un concerto de Azúcar Moreno no peche de campaña de 2007 en Madrid, segundo a investigación do caso Púnica.