O alcalde independente de Sanxenxo racha con PSdeG e BNG e negocia entregar o goberno ao popular Telmo Martín. Cóntao Faro de Vigo

O alcalde independente de Sanxenxo racha con PSdeG e BNG e negocia entregar o goberno ao popular Telmo Martín. Cóntao Faro de Vigo
Rajoy pide declarar no xuízo da Gürtel a finais de xullo por videoconferencia
O PP desviou cartos públicos para pagar un concerto de Azúcar Moreno no peche de campaña de 2007 en Madrid, segundo a investigación do caso Púnica.
A campaña das primarias do PSOE chega este venres á súa fin marcada pola tensión entre candidaturas. Unha análise de eldiario.es
O pleno municipal de Santiago dálle luz verde á municipalización da ORA e do guindastre, grazas aos votos favorables de Compostela Aberta e de BNG
Retirada da igrexa parroquial de Lalín a placa na honra do fundador da Falange, José Antonio Primo de Rivera, e a combatentes franquistas. A retirada foi realizada pola brigada de obras do Concello a "proposta" do párroco, Marcos Torres. "Supuña un insulto para as vítimas do franquismo", di o edil Francisco Vilariño, que "agradece profundamente"o xesto ao crego.
Chévere celebra o seu 30 aniversario recuperando algúns dos seus espectáculos clásicos, como Rio Bravo, Annus Horribilis ou a Ultranoite no País dos Ananos. As representacións terán lugar en Compostela en xullo e as entradas están xa á venda.
Este xoves presentouse na Coruña a convocatoria pública para a cesión de uso de espazos no antigo cárcere provincial para o desenvolvemento de proxectos de dinamización cultural e sociocultural.
O vindeiro 16 de xuño Compostela acollerá a xornada colaboraTIC.gal, que amosará experiencias de colaboración entre o sector das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial do eido rural.
VÍDEO | O BNG lanza unha serie de vídeos como parte da campaña para presentar o seu novo logotipo. É un dos acordos ligados aos textos aprobados na recente asemblea nacional da formación.