O devalo da obra pública en Galicia deriva nunha guerra de ofertas entre construtoras en traballos de importe menor. Recólleo La Opinión
Fálase
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reactiva as protestas contra a LOMCE e as reválidas. Veñen de presentar un novo calendario de mobilizacións.
INQUÉRITO O PP medraría ata 152 ou 157 escanos e o PSOE caería por baixo dos 80 nunhas novas xerais. Segundo a enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es, Unidos Podemos e as confluencias oscilaría entre 64 e 79, con En Marea repetindo os cinco escanos de xuño.
As empresas Galchimia e AllGenetics reciben os premios Galicia Spin-off, impulsados por GCiencia para distinguir as iniciativas empresariais ligadas á universidade.
CIG-Saúde, SATSE, CSIF e UGT denuncian en rolda de prensa o carácter "fraudulento" das contratacións sucesivas de persoal para cubrir prazas estruturais no SERGAS e exíxenlle ao Goberno galego que "ordene o cadro de persoal e que non derive a responsabilidade aos xulgados", en aplicación das recentes sentenzas neste senso.
O BNG ratifica a Ana Pontón como voceira parlamentaria, con Olalla Rodil na primeira viceportavocía e Montse Prado, na segunda. Así o vén de avanzar a tamén portavoz nacional do Bloque en rolda de prensa.
A Fiscalía Anticorrupción rexeita o intento do PP e o resto de defensas para anular o xuízo da Gürtel. Cóntao eldiario.es
Hillary Clinton e Donald Trump protagonizan o seu segundo e tenso debate electoral xusto despois do escándalo do vídeo con comentarios machistas do candidato republicano á Presidencia dos Estados Unidos
Este luns comezan os interrogatorios nos xuízo da Gürtel. A Fiscalía pediu que comecen polos tres acusados que semellan agora dispostos a colaborar coa Xustiza.
O PP instruíu cargos locais sobre como burlar controis ao financiamento do partido, segundo publica El Mundo