A Xunta ultima unha nova campaña de "fomento da natalidade" por ata 700.000 euros. Os anuncios centraranse en "sensibilizar" sobre a importancia da "revitalización demográfica" e difundir medidas do Goberno na materia. As anteriores campañas superaron o millón e medio de euros nun contexto no que os datos de natalidade permanecen estancados nos peores datos históricos.
