Suspendida a folga do sector da estiba ante a negativa da oposición no Congreso a aprobar o decreto lei do Goberno central para liberalizar o sector. Os sindicatos coidan que ese freo á norma "unilateral" abre a porta á negociación.
Fálase
Condenadas dúas persoas por agresións a policías durante as protestas do cerco en Compostela en 2014. Terán que afrontar un ano e seis meses de prisión e indemnizacións de 6.500 euros.
A aeroliña Norwegian presenta o avión que dedicou a Rosalía de Castro. "Rosalía era ideal, recuperou o galego como lingua de cultura e foi pioneira no feminismo", din dende a compañía.
O xuíz confirma o arquivo do caso Jimmy. Rexeita os recursos da Fiscalía, a LFP e o outro afeccionado deportivista tirado ao río e insiste en que é imposible identificar os autores da morte.
O paro rexistrado descendeu en 154 inscricións en Galicia durante o mes de febreiro e caeu en 23.344 en termos interanuais. No mesmo mes as afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 2.816, un 0,30%, e o incremento interanual foi de 18.027, un 1,93%. Máis información, hoxe en Praza.
As orixes de Hazte Oír e as súas raíces sectarias: o xornalista experto en asuntos relixiosos Jesús Bastante explica nesta reportaxe a xénese do colectivo ultra que nas últimas semanas desenvolve unha campaña contra a diversidade sexual.
A Xunta admite que existen "solucións" para convocar as oposicións de Educación aínda que non se aproben os Orzamentos do Estado. Consellería e sindicatos abordan este xoves a convocatoria na Mesa Sectorial
O enterro da sardiña e a queima de personaxes como o Meco puxeron fin este mércores ao Entroido en diversas localidades galegas. A festa continúa en varios municipios, así e todo, ata a vindeira fin de semana.
O ex-número tres do Ministerio do Interior e xefe da 'policía patriótica' non desbotou no xulgado que dispuxese de fondos reservados para as súas operacións. Desta unidade dependeron os informes lanzados dende o corpo policial sobre forzas da oposición que resultaron ser falsos. Cóntao a Cadena SER
A segunda canle da TVG repasa esta noite a historia das Irmandades da Fala. Será a partir das 23:00, coa emisión dos documentais 'As Irmandades da Fala. 100 anos' e 'Galicia 1918 – 1988. Cen anos de nacionalismo'.