O Parlamento aproba crear unha comisión de seguimento da couza da pataca que poña o foco sobre as medidas de control da praga e os medios para combatela e informe ao respecto. O organismo terá representación da Xunta, a FEGAMP, o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a IXP Pataca de Galicia. O acordo chega tras unha transacción de senllas iniciativas de En Marea e PP e foi aprobada por unanimidade na comisión de Agricultura.
