O lume cercou vivendas en Baños de Molgas, Cualedro e Sandiás, en varios incendios que afectaron este luns a distintos puntos de Ourense
Fálase
O PP deseña unha comparecencia á carta para que De Guindos explique o 'caso Soria'. O ministro dará contas esta tarde na Comisión de Economía do Congreso, como quería o Goberno
Tordesillas celebra hoxe o seu Toro de la Vega, no que nesta ocasión non se dará morte ao animal en público.
#DebateCRTVG Rematamos a cobertura especial do debate electoral da CRTVG. Podes repasar na nosa conta de Twitter os datos e gráficos cos que contrastamos as intervencións de PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos.
A Xunta ofrécelle á instrutora do accidente do Porriño os dous mesmos peritos autonómicos que en Angrois. A xuíza pedíralle “un listado” no que poder elixir, segundo informara o TSXG.
Entre o luns e o martes choverá máis sobre Galicia que nos últimos dous meses e medio. Explícao 4gotas.com
Ernesto Chao, novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Na nova xunta directiva Mabel Rivera Mabel Rivera recunca como vicepresidenta da entidade e Iria Sobrado, na secretaría.
A Xunta di agora que pedirá que a reválida de ESO non teña efectos académicos. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciouno hoxe na TVG.
Un estudante de Forestais en Pontevedra busca financiamento para desenvolver un sistema que protexa as colmeas e as abellas dos ataques da avespa velutina. A idea gañou o premio Incuvi Emprende 2016 da Universidade de Vigo
200.800 escolares de educación infantil, primaria e especial comezan o curso 2016/2017 este luns 12 de setembro. O número total descende con respecto ao curso pasado (un 2,3% en Infantil e un 0,8% en Primaria)