A Xunta di agora que pedirá que a reválida de ESO non teña efectos académicos. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciouno hoxe na TVG.
Fálase
Un estudante de Forestais en Pontevedra busca financiamento para desenvolver un sistema que protexa as colmeas e as abellas dos ataques da avespa velutina. A idea gañou o premio Incuvi Emprende 2016 da Universidade de Vigo
200.800 escolares de educación infantil, primaria e especial comezan o curso 2016/2017 este luns 12 de setembro. O número total descende con respecto ao curso pasado (un 2,3% en Infantil e un 0,8% en Primaria)
A campaña electoral estará marcada este luns polo debate que ás 21.30 xuntará na CRTVG a Alberto Núñez Feijoo, Xaquín Fernández Leiceaga, Luís Villares, Ana Pontón e Cristina Losada
A entrada dunha borrasca, esta noite, traerá a Galicia chuvias que se estenderán ao longo de toda a semana
En marcha en Catalunya as cinco manifestacións da Diada. Está a contalo ao vivo Catalunya Plural
A Diada Nacional de Catalunya celébarse hoxe con cinco actos políticos doutros tantos espazos. Arturo Puente analiza cadanseus "relatos nacionais" en Catalunya Plural
A xuíza do Porriño pídelle á Xunta peritos para elaborar "un informe independente sobre as causas" do accidente ferroviario deste venres. A instrutora prevé contar con eles o vindeiro martes, cando se abrirán as caixas negras do tren, trámite no que estarán presentes Adif, Renfe e Comboios de Portugal. As peritaxes realizadas por técnicos da Xunta tras o accidente de Angrois foron fortemente cuestionadas por mor dos seus erros.
Toni Cantó erixe a Ciudadanos na "aposta pola innovación" que precisa o sector lácteo galego "tras moitos anos de políticas ineficaces". Afirmouno durante unha visita a unha explotación en Mazoi (Lugo) xunto á candidata do partido, Cristina Losada. (imaxe: C's).
Segue activo tras afectar a 2.800 hectáreas o incendio de Entrimo, iniciado o martes pola tarde. Medio Rural dá por controlados ou extinguidos o resto de incendios que esta semana queimaron máis de 6.000 hectáreas na provincia de Ourense.