A xuíza do Porriño pídelle á Xunta peritos para elaborar "un informe independente sobre as causas" do accidente ferroviario deste venres. A instrutora prevé contar con eles o vindeiro martes, cando se abrirán as caixas negras do tren, trámite no que estarán presentes Adif, Renfe e Comboios de Portugal. As peritaxes realizadas por técnicos da Xunta tras o accidente de Angrois foron fortemente cuestionadas por mor dos seus erros.
