En marcha en Catalunya as cinco manifestacións da Diada. Está a contalo ao vivo Catalunya Plural
Fálase
A Diada Nacional de Catalunya celébarse hoxe con cinco actos políticos doutros tantos espazos. Arturo Puente analiza cadanseus "relatos nacionais" en Catalunya Plural
A xuíza do Porriño pídelle á Xunta peritos para elaborar "un informe independente sobre as causas" do accidente ferroviario deste venres. A instrutora prevé contar con eles o vindeiro martes, cando se abrirán as caixas negras do tren, trámite no que estarán presentes Adif, Renfe e Comboios de Portugal. As peritaxes realizadas por técnicos da Xunta tras o accidente de Angrois foron fortemente cuestionadas por mor dos seus erros.
Toni Cantó erixe a Ciudadanos na "aposta pola innovación" que precisa o sector lácteo galego "tras moitos anos de políticas ineficaces". Afirmouno durante unha visita a unha explotación en Mazoi (Lugo) xunto á candidata do partido, Cristina Losada. (imaxe: C's).
Segue activo tras afectar a 2.800 hectáreas o incendio de Entrimo, iniciado o martes pola tarde. Medio Rural dá por controlados ou extinguidos o resto de incendios que esta semana queimaron máis de 6.000 hectáreas na provincia de Ourense.
A CRTVG ultima a preparación do debate electoral a cinco do vindeiro luns, moderado por Kiko Novoa e Marta Darriba. A canle pública detalla o seu dispositivo que, destaca, suporá ata seis horas de programación. No debate participan PP, PSdeG, En Marea, BNG e Ciudadanos. Ata estas eleccións os populares rexeitaran participar en debates que non fosen "a dous".
Descarrila no Porriño un tren cara a Portugal e provoca varias persoas feridas. Información actualizada
Baltar carga contra o Constitucional e acúsao de "meter a pata" por admitir a candidatura de En Marea en Ourense. O tribunal de garantías freou o recurso co que o PP ourensán tentou que concorrese o ex-alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, a quen xa avalara o xulgado.
O PSdeG denuncia o PP ante a Xunta Electoral por uns anuncios publicados na prensa de hoxe. Asegura que "é un acto de difusión de propaganda nunha data prohibida pola normativa electoral".
O BNG de Ourense insta a suspender a pegada de carteis desta noite na provincia en "solidariedade" cos concellos afectados polos incendios. "O mínimo que podemos facer as forzas políticas diante dunha catástrofe sen comparación nos últimos anos é facer este xesto e pasado o 25 de setembro chegar a puntos de acordo para que non volte acontecer", di a cabeza de lista, Noa Presas.