Dez colexios e institutos de Baiona, Vigo, Pazos de Borbén, As Neves e Gondomar suspenden as clases este luns por mor dos incendios. A Xunta vén de actualizar o listado
Fálase
A conselleira de Medio Rural cifra en 125 os incendios que afectan a Galicia neste domingo. Ángeles Vázquez admite en declaracións á TVG que as "circunstancias" están a "sobrepasar" o dispositivo de loita contra o lume.
Os bombeiros de Vigo traballan na extinción de focos que afectan a barrios da cidade. Follas secas de árbores a arder espallan as faíscas polas rúas viguesas.
O conselleiro de Sanidade insta a "deixar o domicilio, en caso de dúbida" ás persoas residentes en contornas afectadas polo lume. Son declaracións de Jesús Vázquez Almuíña á TVG.
Veciñanza do barrio vigués de Navia organiza cadeas humanas para tentar apagar o lume que atinxe á contorna con baldes de auga. (foto: @anamirandapaz).
A Universidade de Vigo confirma a suspensión das clases no campus vigués este luns por mor da vaga de incendios. Nun comunicado oficial a institución académica informa de que "as instalacións do campus universitario vigués nestes momentos non están a resultar afectadas polo lume"
O Coruxo ofrece o campo de fútbol do Vao "para todas as persoas que precisen aloxamento, auga e axuda" por mor dos incendios. A súa conta en Twitter ofrece datos de contacto.
O mapa do lume en Galicia deste domingo, amosado polo programa de Observación Terrestre da UE, Copernicus, e difundido pola Aemet.
O Concello de Vigo habilita cuartos nos hoteis Axis, Cidade de Vigo e Bahía para as persoas damnificadas polo lume. Os incendios están a atinxir varios barrios da contorna da cidade. Na imaxe de Gz Contrainfo, o barrio de Navia
Suspendidas as clases este luns por mor dos incendios no IES Valadares e no CEIP Sobreira Valadares, ambos en Vigo, e mais no IES Primeiro de Marzo e no CPI Cova Terreña de Baiona. Vén de confirmalo a Xunta.