En Tomiño, dise así. Alumnado do IES Alonso Ríos de Tomiño explica o xeito de falar neste concello e na súa contorna no marco do programa 21 días co galego, o proxecto a prol do uso da lingua nado na Pobra do Caramiñal este ano se estendeu a centros educativos de Monforte, Santiago e Ourense, ademais de ao propio IES de Tomiño.
Fálase
O "arquivo vivo" das mobilizacións de Nunca Máis e a Burla Negra tras o afundimento do Prestige, á vista nunha exposición na Universidade de Santiago. A mostra pode visitarse ata o 16 de marzo na Igrexa da USC e encádrase no proxecto Unha gran Burla Negra, que aposta por analizar o impacto daquel movemento e recompilar os materiais ligados en torno a el. (Imaxe: USC)
Carteis en Folgoso do Courel advirten a condutores e condutoras de que vaian "con xeito", tendo en conta as limitacións de persoal que presentan os dous centros de saúde da localidade, con só dous médicos e médicas para atender as dúas instalacións durante todo o día, unha situación que se agrava cando hai baixas.
Os beneficios de Abanca ascenderon en 2018 ata os 430 millóns de euros, un 17,3% máis que no ano anterior. Así o destacou a entidade herdeira das antigas grandes caixas na súa presentación de resultados, na que salienta a súa expansión internacional coas compras das redes de Caixa Geral en España e Deutsche Bank en Portugal.
O voceiro do PP no Concello de Ourense, José Araújo, dimite como concelleiro e deixa o partido. É unha nova que adianta La Región. Na imaxe, Araújo co alcalde ourensán, Jesús Vázquez, presentando unha actividade municipal. Consulta aquí toda a información
EPA | O paro descendeu en Galicia en 4.100 persoas no cuarto trimestre de 2018, ata as 148.900, 33.200 menos que hai un ano. No mesmo trimestre as persoas con traballo descenderon en 8.400, ata os 1,08 millóns, que son 32.200 máis que no mesmo trimestre de 2017. Máis información sobre a última vaga da Enquisa de Poboación Activa, hoxe en Praza.gal.
A Xunta Electoral Central corrixe o baleiro legal que abría porta a que os interventores dos partidos puidesen votar dúas veces cando cadran dúas ou máis eleccións no mesmo día, como sucederá o 26 de maio
Sito Miñanco, condenado a catro anos de cadea e seis millóns de multa. A Audiencia de Pontevedra considérao culpable dun delito de branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas, segundo informa o TXSG. O tribunal impón a mesma pena de prisión e multa á súa primeira esposa, a unha das súas fillas, a súa ex-cuñada e a un empresario, detalla. Miñanco foi detido outra volta en febreiro de 2018, pouco antes do inicio do xuízo.
O vindeiro sábado Luis Zahera pode gañar o seu primeiro Goya á mellor interpretación masculina de reparto pola película 'El reino', de Rodrigo Sorogoyen. VINTE repasa unha ducia dos seus papeis máis destacados.
O galego explicado en Portugal. O presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, procura explicar nunha serie de vídeos para Nós TV que é a lingua galega e a súa conexión coa lusofonía coa ollada posta en Portugal. "Quando atravessam a fronteira e ouvem alguém a falar galego, só conseguem ouvir o “espanhol”. Porquê?" son algunhas das preguntas ás que tenta dar resposta.