A Baña, Mazaricos, Santa Comba e Mesía inauguran os primeiros "pasos de vaca" permanentes. O ano pasado a cidade a Coruña acolleu de forma temporal esta iniciativa, que reivindica a importancia do sector leiteiro en Galicia

A Baña, Mazaricos, Santa Comba e Mesía inauguran os primeiros "pasos de vaca" permanentes. O ano pasado a cidade a Coruña acolleu de forma temporal esta iniciativa, que reivindica a importancia do sector leiteiro en Galicia
O paro aumentou en agosto en Galicia en 2.899 persoas, ata chegar ás 153.820. Ademais, descendeu en 582 o número de traballadores/as afiliados/as á Seguridade Social, ficando a cifra total en 1.036.900.
Do 6 ao 14 de setembro celébrase unha nova edición do FICBUEU, Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, coa proxección de 128 filmes e a presenza de Luis Zahera, Xacio Baño, Sergio Frade, Elia Robles, Paco Plaza, Mabel Rivera, Uxía Blanco ou María Vázquez.
Falece un dos traballadores feridos ao caer un andamio na Coruña. Outro dos feridos continúa en estado grave. Foto: @Novo_Mesoiro
Grupo Común da Esquerda será o novo nome do grupo de Anova, EU, as mareas e Podemos no Parlamento galego. A formación será presentada este martes e a el incorporarase Xan Xove en substitución de Flora Miranda.
Dous feridos, un deles grave, tras a caída dun andamio na Coruña. Varias persoas quedaron atrapadas tras derrubarse unha estada. Galicia é a comunidade con máis falecementos no traballo e seguen a aumentar os accidentes laborais graves. Foto: @Novo_Mesoiro
O xuíz da Púnica imputa a Aguirre e Cifuentes polo financiamento irregular do PP de Madrid. Responde a un recente informe da Fiscalía Anticorrupción, que pediu investigar as dúas ex-presidentas.
Agustín Hernández será o novo presidente do Consello Económico e Social (CES), segundo avanza Radio Galicia. O portavoz do PP en Santiago e ex-conselleiro ocupa o posto que deixara vacante Corina Porro. Fontes sindicais consultadas por Praza.gal tamén sinalan o nome de Hernández como máis probable novo presidente do CES.
'Salvemos O Iribio' precinta simbolicamente as máquinas de Fergo Galicia Vento nas obras de construción dun parque eólico nesta serra do Courel e demándalle á Xunta a paralización dos traballos. A plataforma denuncia a "ilegalidade" da instalación de novos parques en zonas de Rede Natura 2000.
O Pescados Rubén de Burela gañou en Milán o trofeo 4 Nations Futsal, que enfronta ás campioas de copa de España, Italia, Ucraína e Rusia. As guerreiras laranxas derrotaron na final ás italianas do Kick Off por 8 a 3. O equipo suma un novo trofeo aos conquistados nos últimos anos