Feijóo di que o turismo é unha “industria que non contamina”. Dío nun acto de entrega de distincións de calidade turística no que volve salientar un “triplo récord turístico”: de peregrinos, de turistas internacionais e de viaxeiros totais
Fálase
A cadea de xogueterías Toys 'R' Us, con tendas en Vigo e na Coruña, pide a suspensión de pagos. En toda España conta con máis de 50 tendas e 1.600 empregados.
O BNG denuncia que o Concello de Ribeira prohibiu un debate sobre o dereito a decidir no municipio. O Bloque asegura que a administración local denegoulle a Galiza Nova o uso dun local municipal aludindo ás resolucións do Tribunal Constitucional e por se “puidese interpretarse a cesión da sala por parte do Concello como favorecer un acto de apoio a un referéndum convocado por unha lei que foi suspendida polo TC”.
O PP fixa o Debate sobre o Estado da Autonomía tras o 1-O e antes das primarias do PSdeG. Será entre os días 4 e 6 de outubro. Os socialistas reclamaban que se celebrase máis tarde para que xa estivese despexada a dúbida sobre o seu liderado. O anterior debate de política xeral celebrouse hai dous anos.
Os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol acudirán á asemblea pro-referendo convocada por Unidos Podemos e as confluencias, segundo anunciou Yolanda Díaz. En Marea vén de facer un chamamento ao BNG para que se sume á iniciativa. O Bloque decidirá esta semana se se une.
Operación da Garda Civil polo desvío de fondos en Girona durante a alcaldía de Puigdemont. A investigación parte dunha denuncia da CUP de 2015.
A Garda Civil rexistra a sede de Unipost na busca de material para o 1-O. A empresa privada de mensaxería está sendo rexistrada en L'Hospitalet.
A 8 días de expirar o prazo, España só acolleu o 13% dos 17.377 refuxiados que se comprometera a aceptar ante a UE
ERC e PNV súmanse á proposta de diálogo de Podemos e tamén o fai, con matices, o PDeCAT. O PSOE aceptaría a mesa, pero pide que se desenvolva no marco da comisión territorial proposta por Pedro Sánchez e sen descartar a aplicación do 155
O Goberno central mantén a súa estratexia de intervención parcial da autonomía catalá sen acollerse ao artigo 155 e celebra a nova posición do PSOE de apoio ás súas medidas porque "reforza a unidade dos demócratas".