Este martes comeza o xuízo do caso Gürtel, co ex-secretario de organización do PPdeG, Pablo Crespo, como un dos presuntos líderes dos 37 acusados.

Este martes comeza o xuízo do caso Gürtel, co ex-secretario de organización do PPdeG, Pablo Crespo, como un dos presuntos líderes dos 37 acusados.
Galicia mantense como a comunidade autónoma cunha menor proporción de internautas. Un 74,6% dos galegos e galegas usaron Internet nos últimos 3 meses, seis puntos por debaixo da media española. Entre as persoas que navegan pola rede, oito de cada dez fano a diario.
A Fiscalía pide dez anos de inhabilitación para Artur Mas polo 9-N. Tamén solicita nove anos de inhabilitación para cargo público a Joana Ortega e Irene Rigau.
O reconto do voto emigrante en Ourense non move o reparto de escanos do 25S. O PP mantén o seu noveno deputado ourensán e, polo tanto, o PSdeG non suma o décimo quinto representante no Parlamento. Máis información, hoxe en Praza.
QuerENDO, a asociación que agrupa as mulleres galegas que sofren endometriose, denuncia -xunto con entidades doutros territorios do Estado- a falta de compromiso do Ministerio de Sanidade coas súas demandas. "O Ministerio non considera unha prioridade unha enfermidade que afecta a cerca de dous millóns de persoas. Nin se compromete a facer un estudo epidemiolóxico sobre a mesma", denuncia.
Este 3 de outubro celébrase o centenario do nacemento en Ferrol de Ángeles Alvariño, precursora da oceanografía en España e pioneira no seu campo, cun traballo moi destacado en centros de investigación dos Estados Unidos ou México. O pasado ano foille dedicado o Día da Ciencia en Galicia
A pesar do esmagador triunfo (95%) da posición contraria á acollida de refuxiados e refuxiadas, o referendo realizado en Hungría non terá validez legal, ao non chegar ao 50% de participación (ficou no 45%). O sistema de reparto da UE prevé que o país reciba a 1.294 solicitantes de asilo.
O colectivo ultracatólico 'Hazte Oir' gábase do éxito da súa campaña homófoba tras lograr a retirada dun anuncio de 'El Corte Inglés' que amosaba dous homes a preparar os libros escolares dos seus fillos. O vídeo aínda pode verse nesta ligazón.
O Celta imponse por 4-3 ao Barça e enche Balaídos de euforia
O "non" ao acordo de paz coas FARC gaña o referendo en Colombia por pouco máis do 50% dos votos.