A Fiscalía oponse a investigar a Pablo Casado polo seu máster. O informe non é vinculante pero será valorado polo Tribunal Supremo para decidir se imputa ao presidente do PP, como lle propuxo a xuíza do caso.
Fálase
Chega a edición coreana de Escarlatina, a cociñeira defunta, a exitosa novela de Ledicia Costas. En 2015 conversamos coa autora sobre o libro nesta entrevista.
Un tremor de terra de 3 graos con epicentro en Meira percíbese en boa parte da provincia de Lugo.
Feijóo critica o uso da posthistoria como “instrumento para a división” na presentación en Madrid dunha novela da xornalista Isabel San Sebastián. O presidente apela a “o valor da historia para rehabilitar o noso pasado sen triunfalismos nin derrotismos”.
A falta de avances no acordo para o Brexit no cumio da UE en Salzburgo é lida nos principais xornais británicos como unha humillación a Theresa May, que se enfronta a un delicado congreso do seu partido en apenas unha semana. (Imaxe: Comisión Europea).
Caixabank racha con Repsol e vende toda a súa participación na empresa. Desfaise do 9,36% da petroleira e abandona o consello de administración.
O PP protesta pola presenza ás beiras dun río en Ames dunha serpe habitual na contorna. O grupo municipal popular pide responsabilidades ao goberno local pola aparición dun exemplar de Natrix maura, especie moi habitual en Galicia. Cóntao GCiencia.
O Supremo establece que todo contacto corporal de tipo sexual non consentido supón un delito de abuso. Até o de agora, estas accións considerábanse unicamente coaccións.
O PP confirma que a súa candidata á alcaldía da Coruña será a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, como estaba previsto. A tamén presidenta local dos populares multiplicou os seus actos como conselleira na cidade nos últimos meses e prevese que tanto ela como o titular de Política Social sexan remudados proximamente dos seus postos no Goberno galego. (Imaxe: PP da Coruña).
As enquisas electorais no Brasil apuntan a que a presidencia será elixida nunha segunda volta entre o dereitista Bolsonaro e mais o candidato do PT, Fernando Haddad, que subtituíu a Lula da Silva tras a súa inhabilitación como candidato.