O ex presidente do Banco Pastor está declarando xa na Coruña tras ser imputada a antiga cúpula da entidade por fraude e estafa. José María Arias non quixo facer declaracións á súa chegada aos xulgados.
Fálase
Expedientan tres atletas españois por facer o saúdo nazi. Fixérono nunha festa no CSD xunto a outros deportistas.
O Goberno central volve condecorar unha imaxe relixiosa. Despois de concederlle unha distinción da Garda Civil á Virxe do Pilar, desta volta o Ministerio do Interior condecora a Nuestra Señora María Santísima del Amor, distinguida coa mesma medalla que os axentes que morreron tentando rescatar uns mozos na praia do Orzán en 2012.
Un empresario catalán decide non saudar o príncipe Felipe durante unha visita oficial ao congreso de tecnoloxías móbiles que se celebra en Barcelona. "Porque non nos deixa votar", argumentou Àlex Fenoll.
Rajoy afronta hoxe o seu segundo debate de política xeral cun discurso baseado no optimismo económico. Agárdanse anuncios de posibles rebaixas fiscais que entrarían en vigor en ano electoral. En El Diario
O PSdeG propón que os cargos políticos non interveñan nos procesos de contratación para "loitar contra a corrupción". Forma parte dun paquete de medidas presentadas onte por Besteiro e que os socialistas defenderán agora no Parlamento.
Feijóo irrita o PSOE e a Junta de Andalucía por asegurar, como xa fixera en 2009, que a transición política non estará "completa" ata que o PP andaluz consiga o poder.
Baltar propón a Deputación de Ourense como referente ético na xestión pública. Cóntao El País
Dimiten dez membros da dirección de Anova tras o referendo no que a militancia elixiu acudir ás eleccións europeas xunto a EU. Luís Eyré, Mario López Rico, Paula V. Verao e Chelo Martínez son algúns dos cargos que deixan os seus postos de responsabilidade, segundo conta Europa Press.
Play-Doc e A Cuarta Parede organizarán unha escola de críticos de cinema no marco do festival de documentais que se celebra en Tui do 2 ao 6 de abril.