Descobren o meirande buraco negro estudado até agora. É tan grande que nel collerian 17.000 estrelas do tamaño do Sol.
Fálase
Os traballadores de Vitrasa manifestaranse en Vigo este venres coincidindo coa terceira xornada de folga nos autobuses urbanos da cidade.
ERC apoiará a investidura de Mas e daralle estabilidade, pero non entrará no Goberno.
O Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), que sufriu un recorte orzamentario do 30% en catro anos, necesita un rescate de 100 millóns de euros para manter a súa actividade.
A Asemblea Xeral da ONU vota hoxe para recoñecer Palestina como estado observador. Ás tres da tarde coñecerase o resultado da votación, que contará cun respaldo maioritario de cando menos 140 dos 193 membros. Opóñense Israel e Estados Unidos, mentres que o Reino Unido se absterá e España e Francia votarán a favor. Alemaña dubida entre o voto en contra e a abstención.
Remata o liderado de audiencia dos informativos de Televisión Española, cadrando coa nova dirección do ente público. A análise dos datos, en Periodistas 21
Este é o estado actual do local de AGE no Parlamento, nunha imaxe difundida polo deputado Juan Fajardo nas redes sociais.
Introducen unha solicitude de apoio ao "dereito a decidir" de Catalunya na web de peticións da Casa Branca. A petición xa leva recollidas máis de 1.000 sinaturas.
O FMI cuestiona a prórroga de Bruxelas aos bancos nacionalizados. Recomenda desmantelar "as entidades non viables" de forma ordenada, tal e como conta El Diario.
As bases de EUiA apostan por axudar a CUP a ter grupo propio no Parlament de Catalunya e propoñen ceder deputados para que a candidatura anticapitalista chegue a cinco actas.