O ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, aceptou a fusión das caixas para non intervilas, ao "bloquear" a Xunta vías "máis sólidas", segundo asegura na súa resposta escrita ás preguntas da comisión de investigación do Parlamento. Ordóñez asegura que Caixa Galicia tiña unha "necesidade perentoria" de integrarse e que Caixanova contaba cunha "capacidad maior"
Fálase
O Depor Sport, diario do RC Deportivo, publicou este luns o seu último número e pon fin aos máis de oito anos da publicación, aínda que anuncia que seguirá "na era dixital".
Rajoy anuncia que comparecerá no Congreso a finais de xullo ou principios de agosto.
Unha cadea humana rodeará a praza de touros de Pontevedra o vindeiro 10 de agosto pola mañá para protestar contra este espectáculo. Pola tarde unha manifestación percorrerá as rúas da cidade baixo o lema Touradas fóra de Pontevedra.
Antonio Fontenla non optará á reelección á fronte da patronal galega. A decisión facilita o camiño a Fernández Alvariño.
O Goberno decidirá se recorre o ditame sobre o tax lease tras reunirse hoxe coas autonomías. O ministro Soria tratará con Galicia, Euskadi e Asturias a posibilidade de acudir á Xustiza.
A diferenza entre o Sur e o Norte da UE nos niveis de confianza política creceu dende o 9% ao 32% e a fenda nos índices de satisfacción coa democracia pasou do 21% a 46%, un diferencial que Sonia Alonso denomina “fractura democrática” en El Diario.
O PP perdería un terzo dos seus votos, pero seguiría superando o PSOE de haber eleccións agora, segundo unha enquisa de El Mundo. IU dobraría os seus apoios e acadaría case o 15% de sufraxios.
Inditex doou 36.000 euros ao Partido Popular no 2008, ano de eleccións xerais. Ata o de agora é a única compañía do Ibex 35 que figura na lista dos doantes do PP, segundo informa elplural.com.
Novagalicia, unha das entidades que máis axudas públicas recibiu. Sumou case 10.000 millóns en diñeiro público, só por debaixo de Catalunya Banc, que xunto ao banco galego superan os cartos recibidos por Bankia.