Fútbol. Resultados de Terceira.
Dorneda 1 - 1 Somozas
Ordes 2 - 4 Cerceda
As Pontes 5 - 2 Rápido de Bouzas
Vilalonga 2 - 2 Bergantiños
Alondras 1 - 1 Estradense
Negreira 4 - 1 Racing de Ferrol
Ourense 1 - 0 Racing Villalbés
Cultural Areas 3 - 2 Fabril
Lalín 1 - 5 Betanzos
Pontevedra 2 - 1 Sanxenxo
Fálase
Baloncesto. O Breogán perde ante o Menorca (80-69), que iguala a eliminatoria polo ascenso á ACB. Nos play-off para a LEB Ouro, o COB Ourense ponse 2-0 tras gañar ao Aurtenetxe na prórroga (94-92).
Deportes. Fútbol. Na Segunda B, o Lugo perde o segundo posto tras empatar co Leganés (1-1), mentres que ao Coruxo fáltalle sumar un punto para conseguir matematicamente a salvación logo de empatar tamén co Conquense (1-1). O Celta B gaña e segue con vida, mentres que o Montañeros golea pero xa está en Terceira.
Uns 30 membros da Liga Estudantil Galega péchanse na biblioteca de Torrecedeira, en Vigo, en protesta pola suba das taxas universitarias decidida polo Goberno central.
Eleccións en Grecia. As sondaxes a pé de urna prevén unha notable caída dos partidos tradicionais. O Parlamento grego quedaría moi fragmentado, cunha notable suba da coalición de esquerdas, que superaría o PASOK.
Deportes. O Valladolid empátalle ao Deportivo na última xogada do partido (1-1) e aperta a clasificación de Segunda. O Celta recórtalle puntos aos pucelanos e aos coruñeses.
Deportes. O Valladolid empátalle ao Deportivo na última xogada do partido (1-1) e aperta a clasificación de Segunda. O Celta recórtalle puntos aos pucelanos e aos coruñeses.
Eleccións en Francia. Hollande gaña os comicios. As sondaxes oficiais dan ao socialista o 51,7% dos votos, fronte ao 48,3% de Sarkozy. "Os franceses votaron polo cambio", di o que será novo presidente.
Seguidores socialistas comezan a chegar á Bastilla, o lugar da celebración oficial, confiando nun triunfo de Hollande que as sondaxes dan por feito, pero que non está nin moito menos seguro.
Eleccións rexionais en Alemaña. A CDU lograría a vitoria por moi estreita marxe en Schleswig-Holstein, segundo as sondaxes a pé de urna.