O Goberno central cesa a directora xeral que autorizou un sindicato de “traballadoras sexuais”. A ministra de Traballo admitira que lle meteran “un gol” ao dar luz verde á creación dese sindicato fronte á posición abolicionista do Executivo.

O Goberno central cesa a directora xeral que autorizou un sindicato de “traballadoras sexuais”. A ministra de Traballo admitira que lle meteran “un gol” ao dar luz verde á creación dese sindicato fronte á posición abolicionista do Executivo.
O incendio que atinxe a parroquia quiroguesa de Outeiro rolda xa as 60 hectáreas, segundo as últimas estimacións de Medio Rural. Imaxe divulgada por bombeiros forestais da BRIF de Laza.
Un incendio arrasa o Museu Nacional do Rio de Janeiro, o máis antigo do Brasil
Xavier Ferreira, profesor de Dereito da USC, avoga pola reclamación civil para a recuperación do Pazo de Meirás. É un dos autores do informe histórico-xurídico encargado pola Deputación da Coruña sobre o inmoble.
Pablo Casado anuncia que proporá a derrogación da Lei de Memoria Histórica, que cualifica de "innecesaria". Afirma querer "reivindicar a Transición" e critica "a sectaria escritura da historia que deita padas de rancor sobre a sociedade española",
A oferta de pisos turísticos en Pontevedra duplica xa a de alugueiros convencionais e a iguala no conxunto de Galicia. Na provincia pontevedresa hai 1.325 vivendas dispoñibles para alugueiro de longa duración, fronte ás 3.186 de uso turístico.
O Celta derrota con autoridade ao Atlético de Madrid (2-0) con goles de Maxi Gómez e Iago Aspas e suma 7 puntos de 9 posibles, asentado nas posicións de cabeza da Liga.
As temperaturas achegaranse este domingo aos 40 graos en zonas de Ourense e do Baixo Miño e roldarán os 35 en amplas áreas do resto de Galicia, dende as Rías Baixas ao interior da provincia da Coruña ou o sur da de Lugo
Durante toda a fin de semana desenvólvese en Ferrol a décima edición das Meninas de Canido, un evento que este ano reúne uns 200 artistas. Podes consultar aquí o programa
Tamén o PP escolleu Galicia para abrir o seu curso político, mantendo a tradición dos últimos anos. O novo presidente da formación, Pablo Casado, estivo en Cerdedo-Cotobade con Alberto Núñez Feijoo, Alfonso Rueda e Ana Pastor, entre outros altos cargos do partido. Toda a información, esta tarde en Praza.gal