Durante toda a fin de semana desenvólvese en Ferrol a décima edición das Meninas de Canido, un evento que este ano reúne uns 200 artistas. Podes consultar aquí o programa
Fálase
Tamén o PP escolleu Galicia para abrir o seu curso político, mantendo a tradición dos últimos anos. O novo presidente da formación, Pablo Casado, estivo en Cerdedo-Cotobade con Alberto Núñez Feijoo, Alfonso Rueda e Ana Pastor, entre outros altos cargos do partido. Toda a información, esta tarde en Praza.gal
O PSOE abre o curso político en Galicia cun dobre acto en Compostela e Oroso no que a vicepresidenta Carmen Calvo acompañou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, co presenza de deputados/as e representantes municipais. Toda a información, esta tarde en Praza.gal
Arxentina eleva o tipo de interese ao 60% para conter a devaluación do peso, que no que vai de ano xa perdeu máis da metade do seu valor fronte ao dólar, un 20% só esta semana. O Goberno acordou co FMI hai uns meses a concesión dunha liña de crédito
O Tribunal Superior Electoral de Brasil veta a candidatura de Lula da Silva para as eleccións de outubro. O PT anuncia que apelará a decisión e que manterá a candidatura do ex-presidente, que lidera as sondaxes cunha intención de voto que rolda o 40% fronte ao 20% do ultradereitista Bolsonaro.
Luís Emilio Batallán, trasladado ao hospital logo de catro días en folga de fame.
A Comisión Europea decide eliminar o cambio horario na UE. Anunciouno o presidente Juncker logo de que a maioría dos europeos que participaron na consulta aberta pola Unión optaron por suprimir a mudanza.
A familia Franco ameaza a Pedro Sánchez cun burofax no que anuncia accións penais por prevaricación e profanación de sepultura. A comunicación asinouna o neto do ditador José Cristóbal Martínez-Bordiú Franco como vicepresidente da Fundación Franco a véspera da aprobación do decreto para a exhumación do Val dos Caídos, revela eldiario.es.
A superficie arrasada polo lume no incendio de Vilaza (Monterrei) supera xa as 100 hectáreas, despois de ter comezado nas proximidades da A-52. Durante as tarefas de extinción un axente medioambiental resultou ferido leve con queimaduras.
Activo un incendio no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza, que segundo as primeiras estimacións supera as 50 hectáreas