Activo un incendio no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza, que segundo as primeiras estimacións supera as 50 hectáreas

Activo un incendio no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza, que segundo as primeiras estimacións supera as 50 hectáreas
Unha iniciativa da Casa Grande de Xanceda levou ao centro da Coruña o primeiro "paso de vaca" do mundo co obxectivo de concienciar sobre a importancia en Galicia deste animal e do mundo rural
Martiño Noriega avanza que anunciará na “última semana de setembro” se aspira novamente á alcaldía de Santiago nas municipais do próximo mes de maio. O rexedor di que nas próximas semanas debaterá a cuestión co seu equipo de goberno e coa coordinadora de Compostela Aberta. O pasado marzo unha enquisa encargada pola propia formación augurou que volvería ser a forza máis votada.
O 90% dos veciños e veciñas do concello zamorano de Porto de Sanabria aposta por desligarse de Castela-León e, nese caso, incorporarse a Galicia. 232 persoas participaron nunha consulta, convocada en protesta pola falta de investimentos e o "esquecemento" ao que se ven sometidos.
Así colonizan as principais cidades e zonas turísticas españolas os grandes propietarios de vivendas de Airbnb. Un terzo dos apartamentos turísticos ofertados a través desta plataforma están en mans de promotores que contan con máis de cinco inmobles. Os pisos turísticos en Compostela (ao redor de mil, a metade na zona vella) acadan unha concentración semellante aos centros de Madrid ou Barcelona.
VÍDEO | A deputada galega Marta González Vázquez, nomeada por Pablo Casado vicesecretaria de comunicación do PP, acusa o Goberno central de estar máis ocupado cos migrantes do Aquarius que coa violencia machista.
Un xogador do Básquet Coruña denuncia que non lle alugaron un piso por ser negro. "No alquilamos a gente de color", di Larry Abia que lle dixeron ao ir ver unha casa, unha situación que xa denunciou o propio club.
Alcoa terá que pagar 51 millóns por fraude fiscal. A Axencia Tributaria reclamáballe á empresa con plantas en Cervo e A Coruña 113 millóns por deducirse de xeito indebido intereses de préstamos entre empresas do seu grupo e a Audiencia Nacional vén de rebaixarlle a contía á metade, segundo conta El País.
Detido un home de 38 anos por intento de agresión sexual na acampada do Armadiña Rock. A ACDeM Armadiña, organizadora do festival declara "persoas non gratas" aos agresores machistas e convoca unha concentración de repulsa para este luns ás 21 horas na Praza da Chousa de Combarro
Extinguido un dos dous incendios que dende o mércores queiman o Parque do Invernadoiro, mentres que o outro permanece controlado. Entre os dous queimaron ao redor de 113 hectáreas.