Un xogador do Básquet Coruña denuncia que non lle alugaron un piso por ser negro. "No alquilamos a gente de color", di Larry Abia que lle dixeron ao ir ver unha casa, unha situación que xa denunciou o propio club.

Un xogador do Básquet Coruña denuncia que non lle alugaron un piso por ser negro. "No alquilamos a gente de color", di Larry Abia que lle dixeron ao ir ver unha casa, unha situación que xa denunciou o propio club.
Alcoa terá que pagar 51 millóns por fraude fiscal. A Axencia Tributaria reclamáballe á empresa con plantas en Cervo e A Coruña 113 millóns por deducirse de xeito indebido intereses de préstamos entre empresas do seu grupo e a Audiencia Nacional vén de rebaixarlle a contía á metade, segundo conta El País.
Detido un home de 38 anos por intento de agresión sexual na acampada do Armadiña Rock. A ACDeM Armadiña, organizadora do festival declara "persoas non gratas" aos agresores machistas e convoca unha concentración de repulsa para este luns ás 21 horas na Praza da Chousa de Combarro
Extinguido un dos dous incendios que dende o mércores queiman o Parque do Invernadoiro, mentres que o outro permanece controlado. Entre os dous queimaron ao redor de 113 hectáreas.
Praza non se actualiza nas fins de semana de agosto. Volvemos o luns a primeira hora, pero se queres tes moito que ler en Praza.gal
Practicamente todo o centro e o sur de Galicia, en risco "extremo" de incendio forestal, segundo o IRDI que cada día elabora Medio Rural.
O Goberno central aproba o decreto para sacar a Franco do mausoleo do Valle de los Caídos. O 31 de agosto o Consello de Ministros incoará o proceso. A partir de entón a familia terá 15 días para facerse cargo do cadáver do ditador. Se non o fai, o Executivo elixirá un "lugar digno e respectuoso" para soterrar os restos. O decreto será así mesmo tramitado como proxecto de lei no Congreso.
Continúa activo o incendio do Parque Natural do Invernadoiro, que na mañá do xoves xa queimara 68 hectáreas. A Xunta indica que a mala visibilidade dificulta a medición da superficie afectada
O Concello da Coruña reclámalle ao Estado que condone as débedas da Autoridade Portuaria (200 millóns de euros) ao igual que vén de facer coas do Consorcio de Valencia 2007 (350 millóns)
Persoal do 061 critica que a Xunta "estea de vacacións" en plena folga indefinida no servizo. Sinalan que non conseguen contactar cos representantes da Administración para trasladarlles as súas reivindicacións