Ás 11 horas comezará a toma de posesión da nova corporación municipal da Coruña e a investidura de Xulio Ferreiro como alcalde. Pódese seguir en directo en streaming.
Fálase
Ringleiras de xente agardan xa á entrada do Concello da Coruña para acceder á investidura de Xulio Ferreiro
Un bo número de concellos manterán a incógnita sobre a súa cor política ata o final, ante a falta de acordo entre as distintas forzas. Entre eles, Sarria, Foz, Mugardos, Oia, Viana do Bolo, Baños de Molgas, Ourol ou Ramirás
1.2 millóns de galegos e galegas mudarán este sábado de alcalde ou alcaldesa. Sober, ás doce das noite, volveu ser o primeiro concello de toda España en constituírse.
Ás 10 comeza a investidura en Lugo. A socialista Lara Méndez será elixida alcaldesa co apoio de PSdeG, Lugonovo e BNG. Pódese seguir a través da web municipal.
O COB Ourense está "ao 95% en ACB", segundo asegurou o seu presidente aos medios de comunicación. Un grupo empresarial garantiría os 2,9 millóns que o club precisa para confirmar a súa volta á elite.
A débeda pública en Galicia cae en 55 millóns e sitúase no 18% do PIB, segundo o Banco de España. Son dúas décimas menos que ao rematar 2014 (cando supoñía o 18,2%).
O PP podería gobernar Mugardos, a pesar de contar só con 4 dos 13 concelleiros, trala consulta popular realizada por Iniciativa Cidadá de Mugardos, na que se rexeitou o apoio a Pilar Díaz (EU) como alcaldesa. Tamén en Ramirás o PP podería manter o goberno, ante a falta de acordo entre BNG e PSdeG-PSOE. Hai igualmente dificultades para un pacto no Porriño de desaloxe os populares da alcaldía.
Diagonal explica "doce razóns polas que o Patio Maravillas é importante", despois de que este centro social -desaloxado esta semana- ocupara onte un novo edificio. Nos últimos anos deu vida a decenas de colectivos sociais.
O rei revoga o título de Duquesa de Palma de Mallorca á infanta Cristina, que terá que afrontar en breve o xuízo polo caso Nóos