O servizos de emerxencias do 112 rexistraron máis de 200 incidencias relacionadas coa noite de San Xoán, principalmente na Coruña, Vigo, Nigrán e Santiago.
Fálase
“Quero que esta lexislatura remate cunha lei de eutanasia no noso país e que sexa recoñecido como un servizo por parte da sanidade pública”, di Pedro Sánchez nunha entrevista con El País. O presidente do Goberno central di que quere que o traslado dos restos de Franco sexa "inmediato".
769 persoas en 25 pateras chegan ás costas españolas en menos de 24 horas. Só unha das embarcacións interceptadas este sábado transportaba 129 persoas. [Foto: Salvamento Marítimo]
Macron e Pedro Sánchez propoñen “centros pechados de desembarco” para os inmigrantes que cheguen a Europa. Trataríase de crear “portos seguros en países de chegada e centros pechados onde se analizaría unha a unha a situación de cada persoa”, segundo está a contar eldiario.es.
Siringol, guaiacol, isoeuxenol ou naftaleno son algúns dos compostos que confiren ás cacharelas o seu aroma. Moléculas en Galego explica a química de San Xoán.
Un golfiño común varado en Corrubedo fai o número 3.000 dos exemplares desa especie rexistrados pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que leva tres décadas avistando cetáceos nas costas galegas e dúas décadas como única organización encargada de recuperalos.
O ministro Catalá outorgou a Carmen Martínez-Bordiú o ducado de Franco o día da moción de censura. O anterior titular de Xustiza deixou firmada a continuidade do ducado que asociacións e partidos piden que se retire por vulnerar a lei.
O xulgado suspende o secuestro de Fariña, como pediu a Fiscalía, que solicitou arquivar a denuncia contra Nacho Carretero. Toda a información, hoxe en Praza.gal
Salvador Sobral actuará o 1 de novembro en Santiago. Así o vén de anunciar Luneda Producións, que avanza que as entradas para asistir ao recital do músico portugués "aínda non están á venda, pero avisaremos moitas veces e con moito tempo"
A Audiencia de Navarra decreta a liberdade provisional de La manada, segundo adianta El Confidencial. É o mesmo tribunal que os condenou a nove anos de prisión e considerou que cometeran un abuso na violación múltiple a unha moza en Pamplona. Consulta aquí máis información.