O ministro Catalá outorgou a Carmen Martínez-Bordiú o ducado de Franco o día da moción de censura. O anterior titular de Xustiza deixou firmada a continuidade do ducado que asociacións e partidos piden que se retire por vulnerar a lei.
Fálase
O xulgado suspende o secuestro de Fariña, como pediu a Fiscalía, que solicitou arquivar a denuncia contra Nacho Carretero. Toda a información, hoxe en Praza.gal
Salvador Sobral actuará o 1 de novembro en Santiago. Así o vén de anunciar Luneda Producións, que avanza que as entradas para asistir ao recital do músico portugués "aínda non están á venda, pero avisaremos moitas veces e con moito tempo"
A Audiencia de Navarra decreta a liberdade provisional de La manada, segundo adianta El Confidencial. É o mesmo tribunal que os condenou a nove anos de prisión e considerou que cometeran un abuso na violación múltiple a unha moza en Pamplona. Consulta aquí máis información.
Hoxe o solpor chegará antes ao Rio de Janeiro que á Costa da Morte. Explícao GCiencia
Pedro Sánchez recibirá a Feijóo na Moncloa o 17 de xullo. O Goberno de España confirma a data xunto á da xuntanza de Sánchez coa presidenta andaluza, Susana Díaz. Este mércores xa anunciara encontros cos presidentes catalán e vasco.
Hoxe comeza o xuízo polo libro Fariña, secuestrado desde o mes de marzo logo dunha denuncia do ex-alcalde do Grove, Bea Gondar. A obra pódese mercar en Portugal na versión lusa pero segue censurada en España tras a decisión xudicial do pasado mes de febreiro.
18 detidos nunha importante operación policial na Coruña, ao pé do barrio de Monte Alto. A Delegación do Goberno vincúlaa ao tráfico de drogas pero non se descartan outras ramificacións. Está a informar Radio Coruña.
Feijóo asegura que "moi probablemente" presentaría candidatura a liderar o PP en 2020 "se o partido me necesita". Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER na que agregou que cabe agardar que nese ano encabece a formación a persoa que sexa elixida no congreso do vindeiro xullo.
O Goberno de Sánchez aprobará este venres por decreto a renovación de RTVE tras expirar o mandato da dirección designada polo PP e tras o pacto dos populares con Ciudadanos para controlaren a elección da nova cúpula. Cóntao eldiario.es. En 2012 o Executivo de Rajoy mudou a lei para controlar os medios públicos estatais.