769 persoas en 25 pateras chegan ás costas españolas en menos de 24 horas. Só unha das embarcacións interceptadas este sábado transportaba 129 persoas. [Foto: Salvamento Marítimo]
Fálase
Macron e Pedro Sánchez propoñen “centros pechados de desembarco” para os inmigrantes que cheguen a Europa. Trataríase de crear “portos seguros en países de chegada e centros pechados onde se analizaría unha a unha a situación de cada persoa”, segundo está a contar eldiario.es.
Siringol, guaiacol, isoeuxenol ou naftaleno son algúns dos compostos que confiren ás cacharelas o seu aroma. Moléculas en Galego explica a química de San Xoán.
Un golfiño común varado en Corrubedo fai o número 3.000 dos exemplares desa especie rexistrados pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), que leva tres décadas avistando cetáceos nas costas galegas e dúas décadas como única organización encargada de recuperalos.
O ministro Catalá outorgou a Carmen Martínez-Bordiú o ducado de Franco o día da moción de censura. O anterior titular de Xustiza deixou firmada a continuidade do ducado que asociacións e partidos piden que se retire por vulnerar a lei.
O xulgado suspende o secuestro de Fariña, como pediu a Fiscalía, que solicitou arquivar a denuncia contra Nacho Carretero. Toda a información, hoxe en Praza.gal
Salvador Sobral actuará o 1 de novembro en Santiago. Así o vén de anunciar Luneda Producións, que avanza que as entradas para asistir ao recital do músico portugués "aínda non están á venda, pero avisaremos moitas veces e con moito tempo"
A Audiencia de Navarra decreta a liberdade provisional de La manada, segundo adianta El Confidencial. É o mesmo tribunal que os condenou a nove anos de prisión e considerou que cometeran un abuso na violación múltiple a unha moza en Pamplona. Consulta aquí máis información.
Hoxe o solpor chegará antes ao Rio de Janeiro que á Costa da Morte. Explícao GCiencia
Pedro Sánchez recibirá a Feijóo na Moncloa o 17 de xullo. O Goberno de España confirma a data xunto á da xuntanza de Sánchez coa presidenta andaluza, Susana Díaz. Este mércores xa anunciara encontros cos presidentes catalán e vasco.