ÚLTIMA HORA O Goberno de España en funcións concede a prórroga a ENCE para permanecer na ría de Pontevedra. Máis información, hoxe en Praza.

ÚLTIMA HORA O Goberno de España en funcións concede a prórroga a ENCE para permanecer na ría de Pontevedra. Máis información, hoxe en Praza.
En Comú aposta por constituírse en partido político. A formación catalá traballará na construción da súa nova estrutura nos vindeiros meses. Cóntao Catalunya Plural
O Obradoiro enfrontarase ao Baskonia nos cuartos de final da Copa na Coruña. O sorteo celebrouse esta mañá no Concello.
ÚLTIMA HORA Miguel Santalices será o novo presidente do Parlamento. Toda a información, hoxe en Praza.
Feijóo preside ás 10:30 a xuntanza do PP no Parlamento coa incógnita da Presidencia da Cámara sobre a mesa. Cabe agardar que dese encontro saia o nome da nova presidenta ou presidente, posto para o que soa con forza o nome do ourensán Miguel Santalices, actual vicepresidente, se ben tamén se manexan outras opcións como a da deputada Marta Rodríguez Arias.
Un goberno do PSOE con apoio parlamentario de Podemos, IU e PNV é o preferido pola poboación seguido de cerca por un goberno do PP, segundo unha enquisa difundida pola SER.
Este luns comeza o xuízo pola morte de Jimmy, o siareiro do Deportivo presuntamente asasinado por ultras antes dun encontro co Atlético de Madird
Pablo Iglesias retruca de novo a Riobóo que aposta "claramente por En Marea como espazo no que deberemos concorrer ás eleccións en Galicia". Nunha entrevista na SER o líder de Podemos sinala o seu "respecto" pola "opinión de calquera militante", se ben ínstao a "entender que hai unha vontade clara de Podemos de apostar por unha confluencia que se revelou como exitosa" e advírteo de que "a última palabra vaina ter" a militancia.
A alcaldesa de Lugo achégalle este luns a súa proposta de orzamentos á oposición para iniciar as negociacións. Recólleo El Progreso
A Igrexa española financia 13 TV con 10 millóns de euros fronte aos 6 que achega a Cáritas. Cóntao eldiario.es