Feijóo preside ás 10:30 a xuntanza do PP no Parlamento coa incógnita da Presidencia da Cámara sobre a mesa. Cabe agardar que dese encontro saia o nome da nova presidenta ou presidente, posto para o que soa con forza o nome do ourensán Miguel Santalices, actual vicepresidente, se ben tamén se manexan outras opcións como a da deputada Marta Rodríguez Arias.
Fálase
- PublicidadePublicidade
Un goberno do PSOE con apoio parlamentario de Podemos, IU e PNV é o preferido pola poboación seguido de cerca por un goberno do PP, segundo unha enquisa difundida pola SER.
- PublicidadePublicidade
Este luns comeza o xuízo pola morte de Jimmy, o siareiro do Deportivo presuntamente asasinado por ultras antes dun encontro co Atlético de Madird
- PublicidadePublicidade
Pablo Iglesias retruca de novo a Riobóo que aposta "claramente por En Marea como espazo no que deberemos concorrer ás eleccións en Galicia". Nunha entrevista na SER o líder de Podemos sinala o seu "respecto" pola "opinión de calquera militante", se ben ínstao a "entender que hai unha vontade clara de Podemos de apostar por unha confluencia que se revelou como exitosa" e advírteo de que "a última palabra vaina ter" a militancia.
- PublicidadePublicidade
A alcaldesa de Lugo achégalle este luns a súa proposta de orzamentos á oposición para iniciar as negociacións. Recólleo El Progreso
- PublicidadePublicidade
A Igrexa española financia 13 TV con 10 millóns de euros fronte aos 6 que achega a Cáritas. Cóntao eldiario.es
- PublicidadePublicidade
Iglesias e Sánchez manteñen unha conversa telefónica para iniciaren os contactossobre a eventual negociación do goberno. Ambas forzas cualifican a conversa de "cordial", se ben o secretario xeral do PSOE lle expresou ao de Podemos o seu "desagrado" polo xeito en que formulou a súa proposta de pacto.
- PublicidadePublicidade
Rebelo de Sousa convértese en presidente de Portugal en primeira volta co 52% dos votos. Sampaio Nóvoa, quinto presidente da República en democracia, ficou a piques de poder disputar a segunda volta e o terceiro posto foi para Marisa Matias, do BE.
- PublicidadePublicidade
Condenan o Sergas pola morte dunha paciente nos corredores do hospital de Ourense. Cóntao La Voz
- PublicidadePublicidade
Marcelo Rebelo de Sousa gaña as eleccións presidenciais portuguesas con ampla marxe. Segundo as distintas sondaxes publicadas o candidato conservador obtería entre o 49% e o 55,7% dos votos, polo que podería evitar a segunda volta. António Sampaio da Nóvoa sitúase entre o 19,3% e o 25%, Marisa Matias entre o 8,8% e o 12,4% e Maria de Belém entre o 2,9% e o 5%.
- PublicidadePublicidade