Iglesias e Sánchez manteñen unha conversa telefónica para iniciaren os contactos sobre a eventual negociación do goberno. Ambas forzas cualifican a conversa de "cordial", se ben o secretario xeral do PSOE lle expresou ao de Podemos o seu "desagrado" polo xeito en que formulou a súa proposta de pacto.
