Rebelo de Sousa convértese en presidente de Portugal en primeira volta co 52% dos votos. Sampaio Nóvoa, quinto presidente da República en democracia, ficou a piques de poder disputar a segunda volta e o terceiro posto foi para Marisa Matias, do BE.

Rebelo de Sousa convértese en presidente de Portugal en primeira volta co 52% dos votos. Sampaio Nóvoa, quinto presidente da República en democracia, ficou a piques de poder disputar a segunda volta e o terceiro posto foi para Marisa Matias, do BE.
Condenan o Sergas pola morte dunha paciente nos corredores do hospital de Ourense. Cóntao La Voz
Marcelo Rebelo de Sousa gaña as eleccións presidenciais portuguesas con ampla marxe. Segundo as distintas sondaxes publicadas o candidato conservador obtería entre o 49% e o 55,7% dos votos, polo que podería evitar a segunda volta. António Sampaio da Nóvoa sitúase entre o 19,3% e o 25%, Marisa Matias entre o 8,8% e o 12,4% e Maria de Belém entre o 2,9% e o 5%.
María Dolores de Cospedal insiste nunha gran coalición e pídelles xenerosidade a PSOE e Ciudadanos para chegar a acordos. Juan Manuel Villegas, vicepresidente da formación laranxa, afirma que en ningún caso votará a favor de Pedro Sánchez
O cómico Beppe Grillo anuncia a súa retirada da política italiana e do Movemento Cinco Estrelas (M5E) que el mesmo fundou.
Remata a xornada na Segunda B. Este domingo, vitorias de Racing de Ferrol e Somozas e derrotas de Pontevedra e Coruxo. Lideran os ferroláns, mentre que o Pontevedra é cuarto.
Remata a xornada na Terceira galega. Lideran Boiro, Cerceda e Depor B
Deportivo B 3 1 Ribadeo
Silva 3 0 Galicia Mugardos
Racing Vilalbés 3 0 Noia
Barco 3 3 Boiro
Cerceda 3 1 Alondras
Barbadás 1 1 Verín
Choco 2 0 Ordes
Ribadumia 1 0 As Pontes
Bergantiños 1 1 Arousa
Negreira 2 0 Rápido de Bouzas
A Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro 31 de xaneiro unha nova xuntanza das mareas municipalistas galegas, que continuarán o traballo iniciado o día 16 na Estrada para a posta en marcha dun proceso de confluencia para as eleccións galegas
Centos de persoas manifestáronse este domingo en Compostela en protesta pola ilegalización de Causa Galiza, decidida polo xuíz Eloy Velasco.
O cerco levantará ás 12 horas, cun acto simbólico, o seu campamento. Leranse dous comunicados, un a cargo do presidente de Acerga, José Blanco, e outro a cargo dunha das portavoces das mulleres do cerco, Lucia Olveira. Os barcos volverán faenar este luns, pero advirten de que continuarán coas mobilizacións, en protesta coa cota concedida.