O Partido Socialista de Portugal (PS) rexeita apoiar o goberno conservador nunha reforma constitucional para garantir a aplicación de máis recortes. En Público.pt
O Partido Socialista de Portugal (PS) rexeita apoiar o goberno conservador nunha reforma constitucional para garantir a aplicación de máis recortes. En Público.pt
O déficit do Estado sobe un 22,8% até setembro e suma 46.113 millóns, o 4,39% do PIB. Cóntao El Diario.
A economía galega non crecerá a curto prazo e non creará emprego en 2013. Pechará 2012 cunha caída do PIB lixeiramente inferior á estatal, segundo o informe de Novacaixagalicia.
Na asemblea nacional de CCOO Galicia, Toxo rexeita que o resultado electoral galego se entenda como un plebiscito que ratifique os recortes: "plebiscito son os seis millóns de desempregados ou o 53% de paro xuvenil"
Sánchez Aguión abre a asemblea nacional de CC.OO. en Galicia entre berros de 'folga xeral' e aplausos ás mencións a AGE
Xuíces e fiscais ameazan con colapsar os desafiuzamentos bancarios. Responden así á intención de Gallardón de retirar 1.300 xuíces substitutos desde esta semana.
Córtanlles a luz a varias consellerías da Comunitat Valenciana por falta de pagamento. Cóntao El Diario.
Stop Desahucios concéntrase ante o BBVA de Conxo contra o desafiuzamento dun veciño de Compostela. O colectivo reclama solución ao drama social que supoñen os embargos hipotecarios. Imaxe de @rb_roi
Pais e nais de alumnado dunha escola de Valença do Minho "ameazan" con matricular os seus fillos e fillas en Tui polo peche parcial dunha escola da localidade. Cóntao o Diário de Notícias
As concelleiras do BNG en Ourense Isabel Pérez -ata agora voceira municipal- e Marta Arribas deixan as súas actas. As dimisións prodúcense despois de que a asemblea local dos nacionalistas decidise non reeditar un bipartito co PSdeG na cidade.