Pais e nais de alumnado dunha escola de Valença do Minho "ameazan" con matricular os seus fillos e fillas en Tui polo peche parcial dunha escola da localidade. Cóntao o Diário de Notícias
Fálase
As concelleiras do BNG en Ourense Isabel Pérez -ata agora voceira municipal- e Marta Arribas deixan as súas actas. As dimisións prodúcense despois de que a asemblea local dos nacionalistas decidise non reeditar un bipartito co PSdeG na cidade.
Pais, sindicatos e alumnos abandonan o pleno do Consello Escolar do Estado como rexeitamento á reforma educativa do ministro Wert.
A BBC Radio emite a serie A invención de España, na que repasa as orixes históricas do actual Estado español e cuestiona a "mitoloxía" segundo a cal existe como "nación" dende hai 500 anos. "Catalunya, Castilla, Galicia e os vascos, considérase que moitos dos problemas de España veñen da pretensión de que é un país", explica a canle británica.
Vilaweb amosa as "fotografías apocalípticas (e falsas)" do paso do furacán Sandy por Nova York
CCOO de Galicia celebra a súa Asemblea Nacional este martes en Teo coa presenza de Ignacio Fernández Toxo e de Xosé Manuel Sánchez Aguión
Os xornalistas gregos, preocupados pola situación da liberdade de prensa no seu pais. Denuncian a suspensión de dous presentadores da televisión pública por criticar o primeiro ministro e tamén o xuizo contra Costas Vaxevanis por publicar a listaxe de 2.000 evasores fiscais
Feijóo contradí a ministra de Emprego. "Con estes datos económicos non se pode dicir que esteamos saíndo da crise", asegurou o presidente en funcións da Xunta nunha entrevista na Cadena Ser.
Os sindicatos de xornalistas convocan a todos os traballadores dos medios á folga xeral. As centrais pertencentes ao Foro de Organizacións de Periodistas chaman a toda a profesión a sumarse á "folga ibérica" do vindeiro 14 de novembro. Por vez primeira os sindicatos convocan os asalariados de diarios en papel á folga o mesmo día que o resto de traballadores.
O PSOE pide hoxe no Congreso a reprobación do ministro Wert. A proposición contra a xestión do titular de Educación será rexeitada grazas á maioría absoluta do PP.