Protestas de traballadores de Isolux-Corsan e o Banco Popular, afectados por EREs, nas portas do Parlamento de Galicia durante a sesión constituínte da X Lexislatura. Deputados dos tres grupos da oposición amosáronlles o seu apoio.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5809e7dc25d24-img_1470.jpg)
Protestas de traballadores de Isolux-Corsan e o Banco Popular, afectados por EREs, nas portas do Parlamento de Galicia durante a sesión constituínte da X Lexislatura. Deputados dos tres grupos da oposición amosáronlles o seu apoio.
Miguel Santalices seguirá sendo o presidente do Parlamento de Galicia, agora con Diego Calvo como vicepresidente primeiro en Raquel Arias como secretaria. Pedro Puy seguirá sendo o portavoz do PP. Así o vén de anunciar Feijóo xusto antes de que se inicie o pleno de constitución da Cámara. A Mesa completarana Eva Solla, de En Marea, e Concepción Burgo, do PSdeG.
#Onosoderbi A Federación Galega de Fútbol sortea unha camisola da selección galega co gallo do derbi entre Celta e Dépor. Nas súas contas de Twitter e Facebook explican como participar.
A DGT abre ao tráfico o treito da A-8 entre Abadín e Mondoñedo que levaba pechado dende o luns por mor da néboa. Fomento aínda non aclarou que solución aplicará ao problema tras non prever a meteoroloxía da zona na construción da infraestrutura, inaugurada hai apenas tres anos.
Margarita Ledo recibirá o premio Ramón Piñeiro Facer País, que concede a Asociación Val de Láncara. O xurado destaca o seu "constante compromiso con Galicia" como xornalista, escritora, docente e cineasta.
A Xunta ameaza o Concello da Coruña con reclamarlle 2,5 millóns por non aplicar o copago nas axudas a dependentes e maiores. Cóntao La Opinión
Migrantes internos no CIE de Madrid denuncian que a Policía lles deu "unha paliza" tras as súas protestas desta semana. O corpo policial nega as acusacións. En Desalambre
A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel "porque non existen causas". Hoxe concluía o período de consultas.
Louzán, citado o 26 deste mes a unha vista previa á apertura de xuízo con xurado por alugar con sobreprezo a un compañeiro de partido como suposto pago de favores políticos. O fiscal pide un ano de cárcere.
O Ajax visita o equipo do Val, en Narón, co que comparte equipación desde hai 40 anos. O histórico club holandés aproveita o partido contra o Celta para estreitar lazos co conxunto de Ferrolterra. Cóntao Ferrol360.