A nova ministra da Muller, Familia e Dereitos Humanos do Brasil, Damares Alves, inicia mandato clamando "menino veste azul e menina veste rosa" como símbolo dunha "nova era" co Goberno do ultradereitista Bolsonaro.
Fálase
Noite de xeadas e frío intenso en moitos puntos de Galicia, con ata -8 graos de temperatura en Verín ou -6 en Rozas ou Bóveda. (Imaxe: Meteogalicia).
De Heredeiros da Crus a Sabela de Operación Triunfo. Vinte repasa as cancións máis populares en Spotify nas sete cidades galegas no remate do pasado 2018. Hai uns anos, Sés, Ataque Escampe e tamén os Herdeiros eran os máis escoitados.
Persoal de Alcoa concentrouse ante San Caetano pedindo a "implicación" da Xunta para "impedir" o peche da factoría da Coruña anunciado pola multinacional. O prazo para evitar o inicio dos despedimentos conclúe este 15 de xaneiro.
Pablo Casado insta a non tratar os menores migrantes non acompañados só dende o ámbito "social" e abre a porta a devolvelos aos seus países de orixe, o cal non está permitido pola lexislación vixente. O líder do PP afirmouno en Melilla, onde volveu cargar contra o que cualifica como "buenismo" e afirmou que o Goberno de Sánchez fixo "unha foto" cos migrantes do Aquarius, o cal non sucedeu.
As inscricións nas oficinas de emprego galegas diminuíron en 1.074 en decembro ata as 169.295; son 15.718 menos que no remate de 2017. No entanto, no mesmo mes as afiliacións á Seguridade Social caeron en 3.764 e quedaron en 1.006.107, o que implica 20.659 máis que un ano antes. Consulta aquí toda a información
A Audiencia de Navarra mantén a liberdade provisional dos membros de 'La Manada' ata que o Supremo resolva os recursos pendentes sobre a súa condena.
O bispado de Astorga "afasta das parroquias e do exercicio público" do seu labor a un cura galego acusado de abusos a menores en 1980 no seminario da Bañeza. Ángel Sánchez era o titular de varias parroquias na contorna de Valdeorras e o bispado recibiu "recentemente" informacións "fundadas sobre outro presunto abuso do sacerdote a un menor na mesma data e lugar". Ambas están a ser investigadas, indica a diocese.
VÍDEO | Faia Díaz (De Vacas) prepara o seu primeiro disco en solitario. A cantora avanza para Vinte algúns dos contidos do traballo, que grava xunto a Hevi (Malandrómeda, Fluzo).
O primeiro bebé galego do 2019 foi Anxo, nacido en Vigo. O segundo -inicialmente anunciado pola Xunta como o primeiro- foi Gabriel, que naceu en Lugo.