A Audiencia de Navarra mantén a liberdade provisional dos membros de 'La Manada' ata que o Supremo resolva os recursos pendentes sobre a súa condena.
Fálase
O bispado de Astorga "afasta das parroquias e do exercicio público" do seu labor a un cura galego acusado de abusos a menores en 1980 no seminario da Bañeza. Ángel Sánchez era o titular de varias parroquias na contorna de Valdeorras e o bispado recibiu "recentemente" informacións "fundadas sobre outro presunto abuso do sacerdote a un menor na mesma data e lugar". Ambas están a ser investigadas, indica a diocese.
VÍDEO | Faia Díaz (De Vacas) prepara o seu primeiro disco en solitario. A cantora avanza para Vinte algúns dos contidos do traballo, que grava xunto a Hevi (Malandrómeda, Fluzo).
O primeiro bebé galego do 2019 foi Anxo, nacido en Vigo. O segundo -inicialmente anunciado pola Xunta como o primeiro- foi Gabriel, que naceu en Lugo.
En Aninovo Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para ler e o mércores 2 estamos de volta. Boas festas!
Este día 31 hai 50 anos da desaparición dos tranvías en Vigo e o Concello vén de anunciar que non prorrogará a concesión dos seus substitutos os autobuses urbanos a Vitrasa senón que convocará un novo concurso público. Hai medio século a empresa facíase por primeira vez coa concesión cun suborno de por medio e cos pais de Rajoy e Conde-Pumpido como xuíz e fiscal do caso.
Un incendio en Viana do Bolo queimou máis de 35 hectáreas na parroquia de Penouta. A desestacionalización dos incendios é cada vez máis clara desde hai anos en Galicia.
O Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña pecha as súas portas tras este domingo, último día no que pode visitarse, á espera da negociación aberta para a súa continuidade entre Concello, Deputación, Xunta e Naturgy, a antiga Unión Fenosa propietaria das obras.
O BOE publica o decreto polo que Fomento volve adiar a supresión total do sistema de seguridade que non evitou o accidente de tren do Porriño. O ministerio demora outro ano e medio a desaparición do dispositivo argumentando problemas de seguridade en determinados trens aos que exceptúa e falta de subministro dos novos equipos para as liñas de vía estreita.
O Goberno central reduce a velocidade máxima en calquera estrada que non sexa autovía ou autoestrada a 90 quilómetros por hora, en liña coa maioría da UE. Nos últimos anos moitas estradas nacionais existentes en Galicia xa viran reducidos os seus límites a cifras incluso inferiores, mentres que a Xunta calcula que terá que revisar medio cento de estradas autonómicas.