Un incendio en Viana do Bolo queimou máis de 35 hectáreas na parroquia de Penouta. A desestacionalización dos incendios é cada vez máis clara desde hai anos en Galicia.
Fálase
O Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña pecha as súas portas tras este domingo, último día no que pode visitarse, á espera da negociación aberta para a súa continuidade entre Concello, Deputación, Xunta e Naturgy, a antiga Unión Fenosa propietaria das obras.
O BOE publica o decreto polo que Fomento volve adiar a supresión total do sistema de seguridade que non evitou o accidente de tren do Porriño. O ministerio demora outro ano e medio a desaparición do dispositivo argumentando problemas de seguridade en determinados trens aos que exceptúa e falta de subministro dos novos equipos para as liñas de vía estreita.
O Goberno central reduce a velocidade máxima en calquera estrada que non sexa autovía ou autoestrada a 90 quilómetros por hora, en liña coa maioría da UE. Nos últimos anos moitas estradas nacionais existentes en Galicia xa viran reducidos os seus límites a cifras incluso inferiores, mentres que a Xunta calcula que terá que revisar medio cento de estradas autonómicas.
A Audiencia de Pontevedra condena ao líder dos Miguelianos a nove anos de cadea por un delito de abuso sexual continuado e absólveo a el e ao resto de acusados do resto de delitos, segundo avanza Europa Press. A Fiscalía pedía 66 anos de cárcere para Rosendo por 21 delitos e dous anos para outras seis persoas por asociación ilícita.
Ana Botella e sete cargos do seu goberno, condenados a pagar 25 millóns por vender pisos públicos con rebaixas a fondos voitre. O Tribunal de Contas reprocha as prácticas urbanísticas do executivo do PP en Madrid.
Feijóo xustifica o acordo de PP, Ciudadanos e Vox en Andalucía argumentando que “o importante é que o cambio vaise producir” para que a Junta deixe de ser gobernada polo PSOE, que gañou as eleccións autonómicas. O presidente galego defendía antes que “se un candidato a unha comunidade ten máis escanos”, como lle ocorre agora á socialista Susana Díaz, “debe ter un plus para formar goberno”.
O Goberno galego aproba licitar a estación de buses que incluirá a intermodal de Vigo-Urzaiz por 16 millóns de euros e 18 meses de prazo. As obras acompasaranse ás do resto do complexo comercial de Adif, o que impedirá que Vigo teña rematada a súa nova estación ata 2021, dez anos despois de tirar a anterior. A situación das intermodais no resto de Galicia é moi dispar.
Xa está dispoñible o vídeo completo da gala de premios aRi[t]mar 2018, celebrada o 31 de outubro no Auditorio de Santiago coa participación de Salvador Sobral.
O Colexio de Xornalistas publica o vídeo "Doce badaladas, doce reivindicacións xornalísticas", no que enumera unha ducia de demandas da profesión: a fin da precariedade laboral, o dereito a preguntar e a repreguntar, uns medios públicos independentes, o adeus á Lei Mordaza, a igualdade das mulleres xornalistas, a fin das fake news ou a primacía do rigor sobre o morbo.