Ana Botella e sete cargos do seu goberno, condenados a pagar 25 millóns por vender pisos públicos con rebaixas a fondos voitre. O Tribunal de Contas reprocha as prácticas urbanísticas do executivo do PP en Madrid.
Fálase
Feijóo xustifica o acordo de PP, Ciudadanos e Vox en Andalucía argumentando que “o importante é que o cambio vaise producir” para que a Junta deixe de ser gobernada polo PSOE, que gañou as eleccións autonómicas. O presidente galego defendía antes que “se un candidato a unha comunidade ten máis escanos”, como lle ocorre agora á socialista Susana Díaz, “debe ter un plus para formar goberno”.
O Goberno galego aproba licitar a estación de buses que incluirá a intermodal de Vigo-Urzaiz por 16 millóns de euros e 18 meses de prazo. As obras acompasaranse ás do resto do complexo comercial de Adif, o que impedirá que Vigo teña rematada a súa nova estación ata 2021, dez anos despois de tirar a anterior. A situación das intermodais no resto de Galicia é moi dispar.
Xa está dispoñible o vídeo completo da gala de premios aRi[t]mar 2018, celebrada o 31 de outubro no Auditorio de Santiago coa participación de Salvador Sobral.
O Colexio de Xornalistas publica o vídeo "Doce badaladas, doce reivindicacións xornalísticas", no que enumera unha ducia de demandas da profesión: a fin da precariedade laboral, o dereito a preguntar e a repreguntar, uns medios públicos independentes, o adeus á Lei Mordaza, a igualdade das mulleres xornalistas, a fin das fake news ou a primacía do rigor sobre o morbo.
Berri Txarrak inclúe o Resurrection Fest de Viveiro na súa xira de despedida dos escenarios. Así o vén de confirmar a organización do festival.
O BOE publica este xoves a suba do salario mínimo interprofesional a 900 euros para 2019, aprobada a pasada semana polo Consello de Ministros.
O Goberno central comunica a caducidade da concesión de Elnosa na ría de Pontevedra, o que confirma un peche que a compañía xa asumira entre acusacións contra o Concello da cidade.
PP e Ciudadanos escenifican este xoves o seu primeiro pacto co partido de extrema dereita Vox para controlaren a Mesa do Parlamento de Andalucía, paso previo á investidura do popular Juan Manuel Moreno como presidente da Junta.
En Marea eleva a definitivos os resultados das súas eleccións internas, con 1.596 votos para a candidatura de Luís Villares e 1.098 para a liderada por David Bruzos. Este mércores un membro da comisión de garantías da formación, Manuel Nogueira, decidiu levar o proceso ao xulgado e os alcaldes da Coruña e Santiago avanzaron a súa intención de desmarcarse dos seguintes pasos dos órganos do partido instrumental.