O Colexio de Xornalistas publica o vídeo "Doce badaladas, doce reivindicacións xornalísticas", no que enumera unha ducia de demandas da profesión: a fin da precariedade laboral, o dereito a preguntar e a repreguntar, uns medios públicos independentes, o adeus á Lei Mordaza, a igualdade das mulleres xornalistas, a fin das fake news ou a primacía do rigor sobre o morbo.
Fálase
Berri Txarrak inclúe o Resurrection Fest de Viveiro na súa xira de despedida dos escenarios. Así o vén de confirmar a organización do festival.
O BOE publica este xoves a suba do salario mínimo interprofesional a 900 euros para 2019, aprobada a pasada semana polo Consello de Ministros.
O Goberno central comunica a caducidade da concesión de Elnosa na ría de Pontevedra, o que confirma un peche que a compañía xa asumira entre acusacións contra o Concello da cidade.
PP e Ciudadanos escenifican este xoves o seu primeiro pacto co partido de extrema dereita Vox para controlaren a Mesa do Parlamento de Andalucía, paso previo á investidura do popular Juan Manuel Moreno como presidente da Junta.
En Marea eleva a definitivos os resultados das súas eleccións internas, con 1.596 votos para a candidatura de Luís Villares e 1.098 para a liderada por David Bruzos. Este mércores un membro da comisión de garantías da formación, Manuel Nogueira, decidiu levar o proceso ao xulgado e os alcaldes da Coruña e Santiago avanzaron a súa intención de desmarcarse dos seguintes pasos dos órganos do partido instrumental.
PP e Ciudadanos pechan o seu primeiro pacto para gobernaren Andalucía, no que son imprescindibles os 12 votos do partido de extrema dereita Vox. Este acordo inicial dá a presidencia do Parlamento andaluz á formación de Albert Rivera e abre a porta a que un goberno de dereitas desbanque ao PSOE de Susana Díaz.
O PSOE aproba en solitario o orzamento do Concello de Vigo para 2019, o duodécimo consecutivo da cidade grazas á maioría absoluta de Abel Caballero e o primeiro para o próximo ano das sete urbes galegas. As contas inclúen xa parte do rescate do Auditorio e da venta do antigo reitorado á Zona Franca.
O PP galego afirma que cómpren "máis persoas como Felipe de Borbón" e "menos" como o presidente catalán. Afirmouno o seu 'número dous', Miguel Tellado, para valorar o discurso de Noiteboa do rei. En Marea coida que o xefe do Estado "esqueceu Galicia e as necesidades sociais", o PSdeG subliña o seu "ton conciliador" e o BNG lamenta que teime na "convivencia" ao abeiro da Constitución mentres obvia, ao seu xuízo, os problemas "reais" da poboación.
Durante o Día de Nadal Praza.gal non se actualiza por descanso da redacción. Pero deixamos moito para ler e o mércores 26 estamos de volta. Boas festas!