Un amplo despregamento policial tenta garantir que se execute o desafiuzamento dunha familia na parroquia compostelá de Aríns, onde se está a desenvolver unha mobilización contra o desaloxo (foto: @seaofnothing)

Un amplo despregamento policial tenta garantir que se execute o desafiuzamento dunha familia na parroquia compostelá de Aríns, onde se está a desenvolver unha mobilización contra o desaloxo (foto: @seaofnothing)
#indyref Escocia queda no Reino Unido tras gañar o "non" á independencia con arredor do 55% dos votos. A BBC está a ofrecer os resultados detallados. Máis información, hoxe en Praza.
La 2 de TVE chancea con que Pedro Sánchez "non estará" na súa programación. O chío da canle pública está a xerar un notable rebumbio nas redes sociais e xa foi respondido, en clave irónica, polo secretario xeral do PSOE.
O CSIC perde 1.100 traballadores e traballadoras nun só ano, a maioría investigadores e investigadoras novas. Dende o 2011 ten catro mil empregados e empregadas menos.
Toureiros ofrécense a torear gratis na Coruña para "salvar a festa nacional" e anuncian que hai unha empresa disposta a organizar as touradas. O xornalista taurino Manuel Molés pide "pelexar" para "evitar outra Cataluña" en Galicia.
"Que se lle dá de comer a un neno por 0,10 céntimos?". A CIG alerta da calidade do servizo ofrecido pola empresa Freire Chico Airas Catering, á que a Xunta adxudicou o servizo de comida das gardarías da Galiña Azul por realizar unha proposta económica 800.000 euros por debaixo da cifra de 5.690.000 euros que marcaba a Xunta.
A dirección de Navantia non considera necesario o dique flotante de Ferrol. O director de Planificación e Control da empresa cre que o mercado de reparacións ten un crecemento “limitado” e non forma parte das actividades “naturais” dos estaleiros públicos
#ScotlandDecides Feijóo dubida da "oportunidade de facer consultas" como a de Escocia e cuestiona que un referendo coma o de hoxe sexa dabondo para a autodeterminación, porque "a foto dun día concreto" non debera "decidir séculos de historia".
O Concello da Coruña decide esta semana se hai ou non touradas na cidade. Asegura que unha empresa presentouse ao concurso, pero fontes do sector aseguran que non hai oferta ningunha.
Wert admite que o Goberno central non sabe agora que facer coa contrarreforma do aborto e salienta que o proxecto non é só de Ruiz-Gallardón, senón de todo o gabinete de Rajoy. Recólleo El Diario